Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de abril de 2015

Campaña de divulgación e difusión de novos perfís profesionais na era dixital

Coñece as competencias e habilidades necesarias para facerte profesional do márketing dixital, este mércores 29, na Cidade da Cultura.

Este mércores día 29 ponse en marcha a Campaña de divulgación e difusión de novos perfís profesionais na era dixital "1 mes, 1 profesión dixital". Inaugura a campaña, a xornada 'Faite profesional do... márketing dixital', destinada a coñecer, de primeira man, as competencias e habilidades profesionais relacionadas coa demanda actual do mercado de traballo.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia [AMTEGA] en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia [CPEIG], poñen en marcha esta campaña que se desenvolverá ao longo de todo o 2015; o seu obxectivo é concienciar a mocidade, profesionais, universitarios ou calquera persoa interesada nos coñecementos necesarios para desenvolver as novas profesións TIC.

A asistencia e inscrición son gratuítas pero é necesario realizar a a través do correo electrónico eventos@cpeig.org.

Documentos:

Programa da xornada Faite profesional do márketing dixital (1 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión