Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de xuño de 2015

Así foi o noso V Encontro de Presentación de Proxectos

Emprendemento local, presentado en primeira persoa.

Este venres, día 12 de xuño, tivo lugar o V Encontro de Presentación de Proxectos, no Centro Municipal de Empresas (no Polígono da Grela).

O acto foi presentado por Dª Pilar García Maroño, Xefa de Servizo da Área de Emprego e Empresa do Concello da Coruña, que estivo acompañada de Dª Teresa Somoza, Xefa do Departamento de Promoción Económica e Comercio, e por técnicos do servizo.

Na xornada puidemos coñecer, a través das presentacións efectuadas polos seus propios emprendedores, o estado dos proxectos postos en marcha por algúns dos participantes nos itinerarios formativos para emprendedores e emprendedoras, así como algunhas das experiencias dos viveiristas do CME.

A presentación dos sete relatores correu a cargo de Alba Formoso Ramos, directora de "Talkk".

Presentaron os seus proxectos:

1. FISIOTRAINNER CENTER: 'O noso reto é a nosa meta, empezamos?'

Unha estrutura para dar resposta á filosofía da empresa, cuxos alicerces son a saúde e a beleza, da man das técnicas e equipamento máis innovadores. A empresa fórmana un equipo de catro persoas que integran o staff técnico e o staff comercial, e compleméntanse con outros colaboradores.

Os seus servizos inclúen tratamentos personalizados en distintos ámbitos, entre outros: coaching nutricional; fisioterapia; rehabilitación funcional; servizo postparto, ao que podes acudir acompañada do teu bebé; ximnasia de mantemento; pilates en suspensión, etc., todos eles por e para as persoas.

2. MEDATLANTIA. Consultoría Europea.

Cooperativa de traballo asociado, formada por tres integrantes con ampla experiencia na captación de axudas e proxectos europeos e de cooperación con Latinoamérica; creación de consorcios e partenariados para a presentación de candidaturas.

O seu obxectivo, representado no seu logo: 'Ser unha guía no mar dos proxectos europeos'. A súa filosofía, simplificar a complexidade achegando coñecementos para facer posible converter as ideas en proxectos. Especializados nas áreas de innovación editorial; información e educación; asuntos sociais e economía social, e cooperación para o desenvolvemento.

Os seus servizos de asistencia técnica van desde a identificación da idea, a elaboración da proposta, xestión, seguimento e avaliación, auditoría financeira, etc.

3. CARNICERIA RAMÓN DOPICO.

Iniciativa que xorde da man de Alfredo Dopico, que dá o paso de converterse de traballador asalariado a traballador por conta propia, creando o seu propio posto de traballo nunha actividade que coñece á perfección. O seu pai, Ramón Dopico, que dá o nome á súa empresa, iniciouse no negocio da carnicería no ano 1967. Alfredo sempre estivo ligado a este negocio, polo que o coñece á perfección.

Os seus puntos fortes: Produto de calidade, atención ao cliente e servizo profesionalizado.

No mes de xullo abrirá as súas portas esta nova carnicería no barrio dos Rosales.

4. DESEÑARTE: 'Solucionamos as vosas ilusións'.

Paula e Daniel son os dous socios desta empresa que eles definen como “Factoría de Creación”, e que conxugan perfil creativo con perfil comercial.

A súa carteira de servizos: deseño gráfico; imaxe corporativa; decoración comercial, páxinas web; redes sociais e publicidade.

Os seus servizos diríxense tanto ao cliente institucional como ao empresario e/ou particular.

5. GALEJOBS: 'Ou traballo de nosa terra'.

Catro emprendedoras que detectaron unha carencia nos portais de emprego tradicionais, respecto dalgúns postos de traballo propios das características do noso territorio (profesións ligadas ao mar ou á terra), lánzanse á aventura de crear un portal de emprego galego.

O portal será gratuíto para todos os intervenientes (ofertantes e oferentes), e a súa carteira de servizos complétase con outros de consultoría especializada en RRHH e de formación presencial e on-line.

O próximo 22 de xuño poderemos ver o nacemento deste novo portal de emprego.

6. PROGRESI CONSULTORES

Dous mozos emprendedores que suman máis de 5 anos de experiencia en mercadotecnia dixital, estranxeiría, emprendemento, estudos de mercado e viabilidade de negocio, poñen en marcha un proxecto de consultoría especializada en ofrecer servizos de calidade a emprendedores ou a pequenos empresarios.

Contan cun departamento especializado en estranxeiría, para que calquera investidor estranxeiro poida desenvolver a súa actividade por conta propia no noso país.

7. VINOSOBROSO. Turismo rural

Suso e Mar son os propietarios desta casa de turismo rural sita en Mondariz. Con 5 habitacións, totalmente accesible, con menús adaptados a intolerancias alimentarias, un lugar onde os máis pequenos poden gozar sen perigos e cun enclave marabilloso. Ofrece servizos e actividades para gozar duns merecidos días de descanso. 'Ofrecemos benestar', 'Experiencias totalmente diferentes ao que ofrecen os demais'.

Suso, xenerosamente, achegou algúns consellos como froito da súa experiencia como emprendedor: Non buscar beneficios a curto prazo, non buscar resultados de inmediato, non soster empresas baseadas en axudas e subvencións, non reducir todo a un número, fuxir das comparativas no sector, buscar o teu apoio emocional; ver, ver e analizar, buscar o feedback, observar a empresa desde fóra, aplicar a tecnoloxía en beneficio da empresa e non deixar de soñar.

Moitas grazas a todas e a todos os que nos acompañastes nesta espectacular tarde.

[Álbum de fotos da sesión, aquí]

[Pronto estará dispoñible a gravación da sesión, informarémosvos nos nosos espazos habituais].

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión