Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de xaneiro de 2016

Alberto Lema salienta que a ordenanza de mercados municipais incorporará "boa parte" das propostas dos e das praceiras

O concelleiro de Emprego e Economía Social valorou hoxe a colaboración dos e das vendedoras dos mercados municipais e destacou o "consenso" que existe arredor do texto que está a elaborar o Concello

O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, reuniuse na tarde deste xoves con representantes dos praceiros e praceiras dos mercados municipais coruñeses para estudar as achegas formuladas polos traballadores e traballadoras ao borrador de ordenanza de mercados que elabora o Goberno municipal, e que lle foi presentado ao colectivo o pasado mes de decembro. O texto, segundo confirmou o responsable municipal ao remate do encontro, incorporará “boa parte” das propostas realizadas durante este proceso, que xa se incluíron nese borrador “na súa grande parte”. Nese sentido, Lema agradeceu aos e ás vendedoras o traballo realizado e amosou a súa satisfacción polos acordos acadados grazas ao diálogo, que, como salientou, facilitarán unha ordenanza “de consenso” na que, por primeira vez, se consulta ao colectivo, segundo lle transmitiron ao concelleiro os e as representantes do sector.

No encontro desta tarde, o concelleiro analizou coas praceiras e praceiros cada unha das propostas plantexadas durante este proceso, que foron asumidas na súa maioría. Entre elas, a nova ordenanza permitirá, de acordo coas peticións dos e das traballadoras, que unha persoa concesionaria poida ter ata dous postos, e non un, como ocorría ata agora. Do mesmo xeito, o texto ampliará a duración das concesións, de vinte a trinta anos, tal e como viña pedindo o colectivo.  

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión