Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de abril de 2015

A Corporación municipal aproba dúas mocións de apoio aos traballadores de Liteyca e Atento

Designados os compoñentes das mesas electorais para os comicios locais do próximo 24 de maio

A Corporación municipal aprobou por unanimidade dúas mocións de apoio aos traballadores de Liteyca e Atento, así como solicitar a readmisión dos empregados que foron despedidos. Ao comezo do pleno, o alcalde da Coruña, Carlos Negreira, leu un comunicado no que expresou o seu máis sentido pésame ás familias dos falecidos no terremoto de Nepal e nos últimos naufraxios ocorridos no Mediterráneo. Tamén se deu o visto e prace ás normas para a elección dos compoñentes das mesas electorais para os comicios locais do próximo 24 de maio e, a continuación, designáronse os devanditos integrantes.

Todos os grupos da Corporación municipal aprobaron dúas mocións -presentadas polo BNG- de apoio aos traballadores de Liteyca -subcontrata de Telefónica- e Atento, ademais de solicitar a readmisión dos empregados despedidos. "A crise non vai ser unha escusa para dar marcha atrás nos dereitos aos traballadores", asegurou a tenente de alcalde de Emprego e Empresa, Luisa Cid, quen defendeu a necesidade de seguir traballando en materia de emprego na Coruña, a única cidade de Galicia onde se reduciu o número de desempregados nos últimos catro anos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión