Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de outubro de 2016

Xornadas CO&CO Accede Papagaio

Xornadas CO&CO Accede Papagaio. Coworking e economía colaborativa

Con motivo da súa recente inauguración, o pasado día cinco de outubro, o centro de emprendemento e empresas Accede Papagaio quere situarse como un axente difusor e promotor desa filosofía empresarial denominada coworking.

Trátase de favorecer a colaboración entre emprendedores e empresas que, instaladas nunha mesma localización, comparten, colaboran, crean e xeran redes profesionais e organizacionais que incentivan a competitividade e a supervivencia dos proxectos empresariais de nova xeración.

E para iso, a Concellería de Emprego e Economía Social pon en marcha unhas xornadas de difusión desta particular filosofía do coworking e a economía colaborativa.

Estas xornadas, baixo a marca de &CO CO, precisamente chámanse así: "Xornadas Coworking e economía colaborativa", e contará cunha serie de expertos na dita temática do cotraballo, a innovación, a economía colaborativa e as novas formas de traballo e emprendemento.

A primeira xornada, que se realiza o 20 de outubro, terá como temas o "Traballo en rede e colaborativo para ser máis eficiente" e as "Habilidades de comunicación"; a segunda, xusto á semana seguinte, o día 27 de outubro, versará sobre a "Transformación dixital do terceiro sector" e o "Futuro da economía colaborativa e creativa"; por último, a terceira, será o día 3 de novembro, tratará sobre "Cooperativas: e ti coñeces a fórmula?", charla que irá acompañada a continuación con varios exemplos de cooperativas galegas.

A entrada é gratuíta ata completar a capacidade.

Recoméndase inscrición

Enderezo:

Rúa Hospital 19. 15001 A Coruña

Documentos:

JORNADAS-COCO-ACCEDE-PAPAGAIO.pdf (415 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión