Conseguir un incremento da competencia, da empregabilidade e das posibilidades de inserción laboral das persoas traballadoras desocupadas.
Desempregados/as inscritos/as no Servizo Público de Emprego de Galicia.
Onde solicitar información sobre a convocatoria actual? Pódela atopar nesta mesma páxina, no apartado de "Actividades" ou chamando ao Punto de Atención para o Emprego 981 184 399.
Accións Formativas para Desempregados (AFD), organizadas polo Concello da Coruña (Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio, Consumo e Turismo), financiados conxuntamente pola Xunta de Galicia (Consellería de Traballo) e pola Unión Europea (Fondo Social Europeo).
Os grupos son de 15 alumnos/as, e impártense no Centro Municipal de Emprego dos Rosales ou nas instalacións do recinto de Bombeiros do Polígono da Grela.
Estas accións formativas complementan a oferta de formación que ofrece anualmente no Concello da Coruña.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible