Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de novembro de 2016

O concelleiro Alberto Lema explicita en Burgos o interese da Coruña por adherirse ao Foro de Cidades polo Emprego, "na liña das políticas de cooperación intermunicipal do Goberno local"

O responsable de Emprego e Economía Social reclamou neste foro, no que participan cidades do Estado de máis de 100.000 habitantes, “a importancia de que as administracións locais teñan máis competencias e máis recursos en materia de emprego”

O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, participou este xoves e venres no XVII Foro de Cidades polo Emprego, celebrado en Burgos. Trátase dun marco estable de cooperación en materia de políticas locais de emprego no que participan cidades de máis de 100.000 habitantes. Fundado en 2009, permite o intercambio de boas prácticas e facilita "o coñecemento continuo do marco técnico e normativo da dimensión local do emprego". O responsable municipal manifestou a vontade do Concello de adherirse ao citado foro. "Cremos que o seu funcionamento vai na liña das políticas de cooperación e colaboración intermunicipal postas en marcha polo Goberno local da Coruña", indicou o edil, que destacou que "ademais de ser un escenario no que os concellos comparten as súas experiencias en proxectos en materia de emprego, tamén serve para coñecer e valorar as últimas novidades en lexislación sobre esta cuestión tanto a nivel europeo como estatal".

Durante a súa participación no Foro de Ciudades polo Emprego, composto na actualidade por 16 cidades (Alicante, Almería, Badajoz, Burgos, Castellón, Huelva, L'Hospitalet de Llobregat, Lleida, Logroño, Madrid, Málaga, Oviedo, Sevilla, Valencia, Valladolid e Vitoria-Gasteiz), ademais de manifestar a intención da Coruña de adherirse ao mesmo, o concelleiro participou en actividades de coñecemento e intercambio de boas prácticas a nivel municipal relativas ao fomento do emprego. Neste escenario, Lema recordou as escasas competencias que os entes municipais teñen con respecto a políticas de xeración de emprego. "É necesario que dende o Goberno local e o autonómico se transfiran aos concellos máis competencias, e por suposto, máis recursos, para poder artellar verdadeiras políticas efectivas dende o ámbito municipal en materia laboral", comentou o edil, quen recordou que a pretensión do Executivo coruñés de cara ao vindeiro ano é incrementar en máis dun 20% as partidas destinadas tanto a formación de persoas en situación de desemprego (a través do programa Coruña Emprega), como aquelas que teñen que ver co fomento da capacidade empresarial.

 

 

 

 

 

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión