Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de febreiro de 2017

O Concello abre o prazo de solicitude para os cursos de formación para o emprego

A documentación para optar á oferta formativa, que abrangue ámbitos como a carpintaría, o mantemento de xardíns ou a manipulación de alimentos, deberá presentarse até o 7 de marzo

A Concellería de Emprego e Economía Social vén de abrir o prazo de presentación de solicitudes para participar na primeira convocatoria do ano 2017 dos cursos de formación para o emprego, á que poden optar todas aquelas persoas que se atopen en situación de desemprego, ou que desexen mellorar a súa situación laboral, e que residan no municipio coruñés. Os cursos, que se impartirán desde o mes de abril --e, nalgúns casos, ata setembro--, e que van desde as 10 até as 646 horas, abranguen disciplinas como a instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes, iniciación á informática, pintura decorativa na construción, manipulación de alimentos ou instalación de elementos de carpintaría. A oferta tamén inclúe un curso de formación continua para a certificación de aptitude profesional --CAP-- para a condución profesional con carnés C e/ou D, cuxo único requisito para o seu acceso --ademais de superar, como en todos os casos, a entrevista previa--, será posuír a licenza para conducir autobuses ou camións en vigor. Cada solicitante poderá presentar a súa solicitude ata o 7 de marzo a través dos rexistros municipais de María Pita, Fórum Metropolitano, Ágora ou Centro Cívico de Mesoiro. A documentación incluirá unha fotocopia do DNI, a tarxeta de demandante de emprego, ou copia do contracto actual, así como un curriculum vitae breve. O 14 de marzo, ás 15.00 horas, daranse a coñecer na web www.coruna.gal/emprego, no Centro Municipal de Emprego dos Rosales, e a través do teléfono de atención cidadá 010 as citas para as entrevistas de selección, que se celebrarán, en horario de mañá ou tarde, desde o 16 até o 29 de marzo. Aquelas persoas que non se presenten á entrevista na data sinalada, renunciarán automaticamente a súa solicitude.

A listaxe de persoas admitidas publicarase o día 6 de abril. As interesadas en presentar a súa solicitude poden obter máis información no Centro Municipal de Emprego dos Rosales (981.184.399), no teléfono 010 e na web www.coruna.gal/emprego

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión