O Servizo Municipal de Deportes do Concello da Coruña oferta para escolares dos centros educativos públicos da cidade o programa de Natación Escolar co fin de posibilitar que os escolares da cidade gocen dunha aprendizaxe significativa no medio acuático e un avance das súas técnicas de natación.
Só da Coruña
Deportes
Extraescolar
Público
A cota será de 53.47 € por participante.
A inscrición no programa inclúe transporte gratuíto para os participantes desde o centro educativo
DESTINATARIOS
A campaña de Natación Escolar vai dirixida exclusivamente aos escolares de Educación Primaria (2º, 3º e 4º curso) de Centros Públicos.
DATA DE INICIO
2 de outubro
COTA INSCRICIÓN
O custo por alumno é de 53.47 €. A cota inclúe o transporte de ida e volta desde o centro e unha cobertura sanitaria.
DISTRIBUCIÓN DOS CENTROS EDUCATIVOS PÚBLICOS NAS DISTINTAS PISCINAS:
Piscina Municipal de Riazor
Piscina Municipal do Club do Mar de Santo Amaro
Complexo Deportivo Municipal de San Diego
PRAZAS OFERTADAS
TOTAL: 500
HORARIOS
PISCINA CIDADE DEPORTIVA DE RIAZOR
PISCINA CLUB DO MAR DE SANTO AMARO
PISCINA CD MUNICIPAL SAN DIEGO
Dende o 02/10/2023 ata o 31/05/2024
Dende o 11/09/2023 ata o 20/10/2023
O prazo de inscrición vai do 11 ao 22 de setembro, realízase entregando a folla que facilitasen desde a ANPA de cada un dos centros, polos medios propios de cada unha delas.
A inscrición e o pagamento realízase por orde de chegada, entregando a folla de inscrición debidamente cuberta nos seguintes centros:
programasdeportivos@coruna.gal
Teléfono: 981 189 800 - Ext. 25030 Ext. 25038
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible