Concello da Coruña

Concello da Coruña

Yo, Quevedo, de Moncho Borrajo

Moncho Borrajo presenta "Yo, Quevedo", como unha volta máis, despois de corenta anos de estar no mundo do espectáculo. Nunha loucura de versos de antes e de agora, Moncho Borrajo é e non é Quevedo, depende do momento e da persoa que o visita ou o atenda no escenario, ben sexa unha enfermeira, un monxe ou unha cortesá teatreira.

Cando:

Dende o 13/08/2013 ata o 18/08/2013

Xa rematou

Horario:

De martes a sábado: 20.30 horas.

Domingo: 19 horas.

Enderezo:

Teatro Colón

Prezo:

Información en www.teatrocolon.es

O público poderá gozar da escatoloxía máis “quevediana” e do enxeño da improvisación ao máis puro estilo do Século de Ouro español. 

Nesta nova produción teatral, Moncho Borrajo rodeouse de grandes profesionais. Xunto a el conta coa colaboración especial da actriz Lucía Bravo. Unha coidada posta en escena, na que participaron algúns dos máis prestixiosos nomes no deseño do vestiario, iluminación e escenografía. A música é orixinal, composta e gravada para esta función.

Carlos Latre, recoñecido actor e humorista, participa nesta comedia, poñendo as voces de numerosos personaxes.

Déixense sorprender. El intentarao en todas e cada unha das súas funcións como sempre o fixo durante estes anos, nos que o público o referendou día a día cos seus aplausos.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión