Concello da Coruña

Concello da Coruña

XXIV Concurso de música tradicional Xacarandaina

A música é indispensable para o baile pero tamén ten entidade propia na tradición galega, acompaña momentos de festa e ameniza duras xornadas de traballo.

Cando:

26/05/2013

Xa rematou

Horario:

Función mañá: 09.00 a 14.00 h.

Función tarde de 16.00 a 20.00 h.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora

Prezo:

Función mañá ou tarde 5.00 € (abono 2 funcións: 8.00 €).

Televenda:

Ataquilla.com

Organiza:

Asociación Cultural Xacarandaina
Unha importantísima variedade de letras, toques, maneiras de cantar e tocar e tamén parte da tradición oral son transmitidas entre xeracións grazas aos cantos das mulleres e dos homes. Estas realizando cantos de berce e de labor e eles a través dos seus cantos de arrieiro ou de taberna. Por todo isto a Asociación Cultural Xacarandaina convoca dende o ano 1990 o Concurso de Música Tradicional Xacarandaina cos obxectivos de difusión e dignificación da importante música galega.

No acto poderán participar grupos de asociacións folclóricas, recreativas, culturais, de veciños, centros parroquiais etc. nas modalidades de pandereteiras/os e de cuartetos de gaitas, e todos os gaiteiros solistas que o desexen.

Máis información en http://www.xacarandaina.com/

Venda de entradas:

- Despacho da Praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13 h e de 16.30 a 20.30 h (pagos en efectivo).

- Despacho do Ágora: mesmo día dende unha hora antes (pagos en efectivo).

- Televenda: 902 504 500 - www.servinova.com

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión