Concello da Coruña

Concello da Coruña

Welcome Stranger

Exposición da obra de Rita Rodríguez.

Cando:

Dende o 24/05/2013 ata o 29/06/2013

Xa rematou

Horario:

Martes a venres: 17.00 h - 20.30 horas.

Sábado: 11.00 h - 14.00 h.

Enderezo:

Galería de Arte 9THE13

A obra de Rita Rodríguez articúlase dentro de parámetros conceptuais que, segundo ela mesma, sempre se presentan en forma de esculturas que, na súa intencionada procura dunha indefinición de campos, lindan coa performatividade e a moi presente interacción co outro. O traballo de Rita adoita introducir pequenos cambios na “realidade” para, a través do humor e da ironía, mostrar unha nova. Na súa narrativa sempre introduce cuestións que, dun modo ou outro, aféctanlle persoal e/ou socialmente no momento de ensinar o seu traballo. É por iso que se sente moi cómoda co site-specific e en xeral a idea do evento, o directo máis cru.

Welcome Stranger é o nome que se lle deu á pebida de ouro máis grande atopada no mundo. O patrón OURO rexe na proposta así como a idea do movemento, a suor e o deporte, que do mesmo xeito que o ouro pode producir certa adicción e mesmo pracer masoquista na busca de máis endorfinas. En canto a esta suor e traballo ten gran presenza a idea de manualidade, presente nas dez coroas realizadas minuciosa e individualmente unha a unha pola propia artista. Todas son coroas, todas son distintas pero todas son iguais. Todas encarnan un irracional poder de alguén sobre alguén. A proposta desenvólvese cun gran contido de referentes e referencias dando lugar a unha mostra moi narrativa e barroca que, dende unha marcada intención da artista, desprega moitos conceptos enlazados segundo distintos criterios; chegando a facer, mesmo, referencias a certos ismos de vangarda como o futurismo e a súa obsesión polo movemento, ás dúbidas sobre o sistema, ao diñeiro, á igrexa, á máquina desexante e social, ao gran vidro de Duchamp e as súas connotacións ou a industria téxtil; que entre moitos outros conceptos emprega aquí, sen ningunha inocencia, para despregar e desencadear todo o seu humor máis cáustico.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión