Concello da Coruña

Concello da Coruña

Villa Puccini

Sobre un escenario, entre focos e bambalinas, en Torre del Lago (Italia), a cantante de ópera deambula entre o seu pasado, o seu presente e o seu futuro inmediato. María Luisa Merlo encarna a esta gran diva na véspera do seu último concerto.

Cando:

02/06/2013

Xa rematou

Horario:

19 horas.

Enderezo:

Teatro Colón

Prezo:

información en www.teatrocolon.es

Sobre un escenario, entre focos e bambalinas, en Torre del Lago (Italia), a cantante de ópera deambula entre o seu pasado, o seu presente e o seu futuro inmediato. María Luisa Merlo encarna a esta gran diva na véspera do seu último concerto.

Na soidade do escenario, rememora os momentos artísticos e vitais da súa carreira. Os seus rivais, o seu marido, o seu fillo, a súa outra metade – o seu representante -, e tamén, o mesmísimo Puccini a quen renderá homenaxe serán os que definan a traxectoria da diva.

A gloriosa música do mestre está interpretada pola cantante nova Emilia Onrubia que dá vida musical ás épocas máis emocionantes do noso personaxe. Tosca, Musetta, Mimí, Turandot ou Madama Butterfly cobran vida pola súa voz.

Esta apaixonada obra está escrita por Miguel Ángel Orts e Alexander Herold e conta cunha singular posta en escena deste último. Todo isto, e sen mencionar un feito extraordinario que vén a través dunhas cartas de Puccini poxadas en Sotheby's de Londres… A transcendencia da arte fai que se unan nunha única alma, compositor e intérprete. Dedicando un adeus e un ata sempre...

 

Unha noite inesquecible coa música do mestre máis querido polo noso público.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión