Concello da Coruña

Concello da Coruña

Verónica Ferreiro

Verónica Ferreiro é unha moza cantante e compositora coruñesa instalada en Madrid dende hai 8 anos. Cultivou a súa voz traballando cos mellores músicos e produtores do país.

Cando:

25/11/2013

Xa rematou

Horario:

21 horas.

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro

Prezo:

10 euros e 15 euros.

En outubro do 2011 saca o seu primeiro traballo en solitario,"Laio", co que se colocou en catálogos tan prestixiosos como o de Dusty Groove América de Chicago e a Giant Step de NY. Sendo número 1 do jazz Itunes en España, e compartindo cartel con grandes do xénero jazzístico (Yellow jactes Pat Martino, Scott Henderson) no Ciclo "Masters at work" de Bilbao, actualmente e segundo críticas de Reino Unido, US, México, Venezuela, Arxentina, "Verónica perfílase como a voz máis esperanzadora do jazz/folk moderno europeo".

Inmersa na gravación do seu seguinte álbum, "Ferreiro", fai unha pausa e chega por primeira vez á Coruña para o Festival JAZZATLÁNTICA 2013. Tras case catro anos sen tocar na súa terra, volve apoiada con case un millón de reproducións na súa canle de Youtube, máis de 25.000 fans en redes sociais e un cuarteto de auténtico luxo.

MÚSICOS:

Piano: Rubén García.
Baixo e contrabaixo: Sergio Fernández.
Batería: Georvis Pico.
Guitarra: Javier Sánchez.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión