Concello da Coruña

Concello da Coruña

Verbena dos 100 anos

O 5 de agosto de 1913 a praza de María Pita acolleu unha gran verbena popular que, segundo a prensa da época, supuxo a inauguración popular deste espazo público aberto no século XIX pero infrautilizado debido ás obras do porto e do Palacio Municipal.

Cando:

05/08/2013 ás 23:00

Xa rematou

Horario:

22.00 h.

Enderezo:

Praza Mª Pita s/n. 15001 A Coruña

Prezo:

Libre e gratuíta.

Xusto cen anos despois, e co mesmo espírito, o 5 de agosto do 2013 terá lugar nesa mesma praza A Verbena dos 100 anos: Cantando a Galicia. Rosa Cedrón, Sito Sedes e Paco Lodeiro, acompañados por unha orquestra de cinco músicos, únense para a recuperación da verbena clásica galega e interpretarán temas de onte e de sempre nunha xornada moi especial.
Son tres referentes musicais da nosa terra que se reuniron para dar forma ao primeiro proxecto de Cantando a Galicia, que inclúe un disco homónimo que saíu á venda o pasado 15 de xuño.

Xuntos seleccionaron un repertorio apto para todos os públicos, abarcando debde os clásicos máis recoñecidos como "Lela" ou "Aí vén o Maio", ata temas dos Tamara e Los Satélites e de autores como Andrés do Barro, Ana Kiro ou Xil Ríos.

Haberá boleros, pasodobres e cha-cha-chá. Sen dúbida, a recuperación do baile como elemento condutor das verbenas será un dos retos deste primeiro Cantando a Galicia, que contará con Paco Lodeiro como mestre de cerimonias.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión