Concello da Coruña

Concello da Coruña

Vargas Blues Band

A agrupación, liderada por Javier Vargas, será a encargada de abrir o ciclo Música con estrela no Centro Ágora.

Cando:

08/06/2013

Xa rematou

Horario:

21.30 h.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora

Prezo:

Venda anticipada: 15,00 € (carné xove, +65 anos ou desempregados: 13,00 €).

** O desconto só se aplicará na venda anticipada.

Día do concerto: 18,00 €.

Televenda:

Ataquilla.com

Organiza:

ZircoZine Music
As primeiras influencias de Javier Vargas atopámolas no rock arxentino de finais dos 60 e principios dos 70 en grupos como Led Zeppelin, Black Sabbath, Crea, Rolling Stones, The Doors e en guitarristas como Jimi Hendrix, Carlos Santana ou B.B.King que, aínda hoxe, son para el importantes fontes de inspiración. Nos 80 regresou a España. Formou parte da banda de Miguel Ríos e participou en varios dos seus álbumes - Los viejos rockeros nunca mueren, Rock and Roll Boomerang, Rock and Ríos... - achegando temas como "Un caballo llamado muerte", "Generación límite", ou "Nueva ola"... Colaborou coa Orquesta Mondragón, e traballou como músico de sesión e compositor.

En 1991 dá o paso máis importante da súa carreira e crea a súa propia banda.

Vargas Blues Band celebrou o seu 20 aniversario no 2012 con & Company. Un traballo discográfico onde Javier Vargas recompila algunhas das máis interesantes colaboracións da súa carreira.

Incluíndo novos temas e nalgúns casos novas mesturas (actualizando o seu son), con algúns dos artistas internacionais máis importantes da historia do rock. Auténticos músicos-lenda que xunto a Javier Vargas e a súa banda, Vargas Blues Band, interpretaron temas propios e clásicos do rock.

Entradas:

Venda anticipada: 15,00 € / Venda no despacho de entradas: 18,00 € (carné xove, +65 anos ou desempregados: 13,00 €).

** O desconto só se aplicará na venda anticipada.

Venda de entradas:

- Despacho da Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 h e de 16.30 a 19.30 h (pagos en efectivo).

- Despacho do Ágora: mesmo día dende unha hora antes (pagos en efectivo).

- Televenda: 902 504 500 - www.servinova.com

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión