Concello da Coruña

Concello da Coruña

True Colours

Concibida orixinalmente para integrarse como unha parte da serie Origami, True Colours terminou por evolucionar como unha serie plenamente independente, que por formulación e pretensións formais, goza de carácter propio.

Cando:

Dende o 05/04/2013 ata o 11/05/2013

Xa rematou

Horario:

De martes a venres, 17.00 h - 20.30 horas. Sábado, 11.00 h - 14.00 horas.

Enderezo:

Galería de Arte 9THE13

Polo tanto, o proxecto True Colours aliméntase de moitos dos principios conceptuais e recursos plásticos empregados nas pezas da serie Origami. 

As primeiras instalacións da serie True Colours formuláronse como intervencións murais de carácter pictórico, que utilizaban masivamente a figura de orizuru (grullas de papel). O feito de recorrer a grullas orizuru xorde do desexo de ordenación radical, de pregado meticuloso e ríxida planificación de cada unha destas instalacións. Ao contrario do que sucede nas pezas da serie Origami, as grullas de papiroflexia foxen do valor histórico e narrativo non lineal destas para reivindicarse -na súa faceta orixinal: luz, cor e figura- como o fetiche fundamental do imaxinario artístico actual do creador santiagués.

O xogo visual coa cor, inicialmente sen máis pretensión que a de levar a cabo estudos cromáticos e a súa interacción co soporte mural, deveu nunha exploración tridimensional co volume da peza e a luz como elementos igualmente importantes, así como as construcións de sombras que tamén se xeran.

José Andrés Santiago

É doutor en Belas Artes, licenciado pola Especialidade de Pintura (Facultade de Belas Artes, Universidade de Vigo). Dende o ano 2005 é membro do Grupo de Investigación dx5 – dixital & graphic art research da Universidade de Vigo, especializado en gráfica contemporánea.

A súa nova traxectoria como creador foi recoñecida con premios e seleccións en concursos dende 2008: no 2013, seleccionado na XI Bienal Pintor Laxeiro (Lalín, Pontevedra); en 2011, Adquisición de Obra no Premio Isaac Díaz Pardo (Deputación Provincial da Coruña); Mención de Honra no Certame Xuventude Crea 2010 (Xunta de Galicia); Mención de Honra nos Certames de Arte Gráfica para Jóvenes Creadores (Calcografía Nacional, nos anos 2009 e 2010); Accésit no IX Certame de Artes Plásticas (Deputación de Ourense, 2010); Mención de Honra en GZ Crea (Xunta de Galicia, 2009); Mención de Honra no Premio de Fotografía Galicia Innovadora (Fundación Galicia-Europa, 2009); e Premio de Adquisición de Obra (Fundación Laxeiro, 2008).

Entre as súas principais exposicións individuais e colectivas, ademais da realizada en 9THE13 en 2010, destacan: Promenades solitaires au pays du soleil levant (Galería Red Zone, Xenebra, Suíza, 2012); Afinidades Selectivas (exposición colectiva, Casa da Cultura Galega, Vigo, 2012); Watts (exposición colectiva, Sala X da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, 2010); XXI Premio de Gravado Máximo Ramos (Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol, 2010); Certame de Arte Gráfica para Jóvenes Creadores (Sala de Exposicións de Calcografía Nacional, Madrid, entre 2007 e 2010); Novos Valores (edicións de 2007, 2009 e 2010, Deputación de Pontevedra); Certame de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo 2009 (Deputación da Coruña); II Encontro De brujas y mariposas (C.C.C. ICAIC, A Habana, 2009); V, VI e IX Certames de Artes Plásticas (Deputación de Ourense, entre 2006 e 2010); II Premio de Artes Gráficas Jesús Núñez (CIEC, Betanzos, 207); e XIV Salón Internacional do Gravado Estampa (Madrid, 2006).

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión