Concello da Coruña

Concello da Coruña

TRC danza: Staying alive

O Teatro Rosalía programa este espectáculo, de Matarile Teatro, para celebrar o Día Internacional da Danza, dentro do Ciclo TRC danza.

Cando:

30/04/2014 ás 23:59

Xa rematou

Horario:

20.30 h.

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro

Prezo:

14'00, 10'00, 8'00, 6'50 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: -20%)

Televenda:

Ataquilla.com

Documentos:

Programación Danza 2014 (744 KB)

A obra está construída por diversas escenas e personaxes que adquiren sentido por si mesmos e nun conxunto que o público ten que imaxinar. Son pequenos xogos, ás veces chiscadelas, que sorprenden pola súa forza dramática, que emocionan pola súa beleza ética, que sacoden a conciencia pola súa poética estética: son instantáneas, accións, frases, músicas e situacións que describen un discurso enerxético, vital.

O circo, o teatro do absurdo, o uso irracional da razón, o rexeitamento do academicismo, a reivindicación de estar alerta que é o encontrar fronte ao acto de buscar que limita e focaliza a mirada, a muller manequín como obxecto de exhibición, a maxia do espazo como metáfora de fe, Staying Alive posúe todos os ingredientes dun espectáculo intelixente, emotivo, festivo, profundo, sutil.

Actrices e bailarinas: Mónica García, Nuria Sotelo, Rut Balbís e Ana Vallés.

Autora e directora: Ana Vallés.

Compañía: Matalire Teatro.

Venda de entradas:

Despacho central, Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho do Teatro Rosalía: só días de función de 12 a 14 e de 18 a 20 h.

Venda telefónica: 902 504 500.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión