Concello da Coruña

Concello da Coruña

TRC danza: "La velocidad de las cosas"

Mónica García dirixe e interpreta esta peza de contemporáneo, nun espectáculo no que o público se sitúa no escenario preto do artista.

Cando:

02/11/2013 ás 23:59

Xa rematou

Horario:

20.30 horas.

Duración:

45 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro

Prezo:

10'00 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: -20%)

 

Televenda:

Ataquilla.com

"La velocidad de las cosas" é un só de danza no que utilizo a escena como dispositivo de confesión onde o público como testemuña afirma a miña presenza e a miña constitución como individuo nese momento. A velocidade das cousas é ao mesmo tempo exercicio e resultado dunha auto-enunciación.

En Fragmentos dun discurso amoroso, Roland Barthes di que o suxeito amoroso ten que asumir a súa sentimentalidade como unha forte transgresión que o deixa só e exposto e que esa sentimentalidade, desacreditada pola opinión moderna por un investimento de valores, constitúe hoxe en día o obsceno do amor. En La velocidad de las cosas traballo dende a confrontación e o cuestionamento desa sentimentalidade subxectiva, traballo sobre unha percepción de ser-no-mundo, sobre a idea de producir efecto, sobre o afectar a e afectar-se.

Asumo finalmente que son calquera novela romántica de finais do XVIII lida nun autobús. Asumo que son Werther afectado, descolorido, exposto, odioso, servente, aparente e lánguido. Sen discurso válido que desprace outra cousa que non sexan os seus afectos, dende o cuarto de baño ás conversas sobre o poder. Wether inválido. Multiplicación de Werther por mil, e mil Carlotas. A escena: ela está sentada ao bordo dun sofá e el recítalle un poema de amor dirixíndose á cámara.

Dirección e interpretación: Mónica García.

Función: 20.30 horas.

Entradas: 10'00 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: -20%)

Venda de entradas:

Despacho central, Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho do Teatro Rosalía: só días de función: de 12 a 14 e de 18 a 20 h.

Televenda: 902 504 500.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión