Da Compañía Sharon Fridman
Para público en general
03/05/2024
Ya ha finalizado
20.30 h
50 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Calle Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
10,00 € (Carné Xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%; familias numerosas: -25%)
*Todas as persoas que accedan ao recinto deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan.
Un corpo pode dicir a súa verdade cando asume unha linguaxe propia, o súa. Un corpo vólvese mapa de posibilidades a partir da súa diferenza, cando respira e move a súa desigualdade con respecto ao resto de corpos. É nesa relación de desigualdade onde se acha autenticamente libre. Go figure é, ante todo, unha paisaxe de desigualdade onde Shmuel pode observar o funcionamento do seu corpo, recoñecelo, poñer en valor aquilo que condiciona e define o seu movemento, transformalo nunha ponte cara á conexión co outro. A esta chamada acode Tomer, quen recolle a invitación de diálogo de Shmuel e cruza a ponte. Durante a súa procura dun balance que xurda dos límites que impoñen ou revelan as capacidades de ambos, nace unha beleza que non quere ser máis nada que ela mesma. Beleza que resulta da vontade de apoiarse sen desdebuxar, do desexo compartido de ser territorio da verdade.
Intérpretes: Shmuel Dvir Cohen e Tomer Navot
Dirección e coreografía: Sharon Fridman
Asistente de dirección: Tamar Mayzlish
Música orixinal: Noem Helfer
Deseño de luces: Yaron Abulafia
Venda de entradas
Despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función das 16.00 ás 20.00 h
* Programación para persoas adultas. Idade recomendada a partir de 14 anos
* Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible