Top Manta - a lista dos moi listos, o hit parade dos máis vendidos - cóntanos en clave de comedia unha serie de actualidade, próxima e sorprendente.
Para público en xeral
01/04/2017
Xa rematou
21.00 h
* Rógase puntualidade (Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala)
80 min
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
9,00 euros (carné xove +65 anos ou persoas desempregadas: 7,00 euros). Venda anticipada: 6,00 euros (ata o día anterior á función ás 23.59 h)
Tel.: 981 184 293
Top manta é un espectáculo para rir, rir e rir, por non chorar, chorar e chorar... de risa, claro!!
Os cortes económicos como consecuencia da crise empurran a dous actores a cambiar os grandes escenarios polo top manta na rúa. Este é o punto de arranque e como todas as producións da compañía viguesa, "Top Manta" é unha comedia crítica e sarcástica sobre a realidade, aínda que os seus responsables, escapan do "politiqueo barato"
VENDA DE LOCALIDADES
Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h.
Despacho do Fórum Metropolitano: aberto só días de función desde unha hora antes (só se hai localidades dispoñibles)
Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h) ou Web
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible