Un grupo de 25 actores arxentinos que representan o seu país nun dos festivais de teatro máis importante de toda América.
+7 anos.
24/01/2015
Xa rematou
18.30 h.
55 min
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
6.00 euros / Abono 3 familiar: 15.00 euros.
O evento ten lugar nun estudio de televisión e en directo para todos os países do continente. Dous actores enfróntanse ao reto de ter que representar sós unha montaxe prevista para 40 personaxes porque os seus compañeiros, co vestiario e o atrezo, quedaron tirados na estrada por unha avaría do bus que os transportaba. A partir de aí sucédense momentos divertidos resultado das enxeñosas solucións que ambos os intérpretes poñerán en marcha para lograr representar a obra.
* Premio ao mellor espectáculo no festival de Almagro 2013
* Premio Especial ao mellor espectáculo de Eséncia Teatral Feten 2014
* Programados no festival de Teatralia 2014
Compañía Puro Grupo Teatro (Arxentina)
Entradas: 6 euros / Abono 3 familiar: 15.00 euros
Venda de entradas:
- Despacho da Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 h e de 16.30 a 19.30 h (excepto festivos) (Pagos en efectivo)
- Despacho do Fóum: unicamente día do espectáculo, dende unha hora antes (pagos en efectivo)
- Centro sociocultural A Fundación Coruña: de luns a sábado (incluídos festivos) de 9.00 a 21.00 h
- Televenda: 902 504 500 (de 8.00 a 22.00 h de luns a sábado) - www.servinova.com
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible