Xebas e Cocó forman unha parella artística de pallasos con máis ilusión que éxito.
+ 6 anos
Infancia, Para público en xeral
20/03/2015 ás 18:30
Xa rematou
18.30 h
50 min
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
6.00 euros / Abono 3 familiar: 15.00 euros
Para o futuro espectáculo que preparan Xebas decide introducir un elemento co que pretenden dar a badalada: un gorila de verdade, de carne e óso. Está convencido de que se o doma e lle ensina os diferentes números, a súa sorte cambiará e gañará o aplauso do público. Con todo, non é tanto o gorila quen vai aprender desta experiencia; Xebas e Cocó van aprender unha lección que xamais esquecerán.
"Un espectáculo sobre o respecto e a liberdade"
Repartición: Tomás Fernández Alonso, Ana Meabe, Javier Renobales.
Marie de Jongh (País Vasco)
Entradas: 6 euros / Abono 3 familiar: 15.00 euros
Venda de entradas:
- Despacho da praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 h e de 16.30 a 19.30 h (excepto festivos) (Pagos en efectivo)
- Despacho do Fórum: unicamente día do espectáculo, dende unha hora antes (pagos en efectivo)
- Centro sociocultural A Fundación Coruña: de luns a sábado (incluídos festivos) de 9.00 a 21.00 h
- Televenda: 902 504 500 (de 8.00 a 22.00 h de luns a sábado) - www.servinova.com
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible