Un xardín é unha pequena parte do mundo, unha obra aberta, en continuo devir que expresa a dobre tenacidade da natureza e do home que xuntos vixían a súa evolución.
+4 anos.
08/11/2014
Xa rematou
18.30 h
50 min
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
6.00 euros / Abono 3 familiar: 15.00 euros.
Un xardín non empeza e non acaba, pero é a representación máis concreta da liña da vida que renace sen interrupción, con esperanza. Un xardín pode florecer onde queira, ata nas situacións máis difíciles e é un lugar sorprendente que conta sen palabras as marabillas da vida.
Un espectáculo para nenos que frecuentemente viven nunha realidade enxordecedora na que non teñen un momento para escoitar o máxico silencio do que se nutren as imaxes e pensamentos.
Co noso "Xardín" quixemos transportar o público infantil a un mundo no que a escoita ten un valor emotivo e a narración está baseada no movemento, na evocación e na música, que permanece concreta e non abstracta.
Quelli di Grock (Italia).
Entradas: 6 euros / Abono 3 familiar: 15.00 euros
Venda de entradas:
- Despacho da Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 h e de 16.30 a 19.30 h (excepto festivos) (pagos en efectivo)
- Despacho do Fórum: unicamente día do espectáculo, dende unha hora antes (pagos en efectivo)
- Centro sociocultural A Fundación Coruña: de luns a sábado (incluídos festivos) de 9.00 a 21.00 h
- Televenda: 902 504 500 (de 8.00 a 22.00 h de luns sábado) - www.servinova.com
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible