Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ticket de Clownic

Despois de catorce anos de traxectoria representando fielmente e co máximo entusiasmo os espectáculos de Tricicle por todo o mundo, Clownic decidiu asumir un novo reto: crear o seu propio espectáculo: Ticket

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

17/02/2017

Xa rematou

Horario:

21.00 h

* Rógase puntualidade (Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala)

 

 

Duración:

80 min

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

9,00 euros (carné xove +65 anos ou persoas desempregadas: 7,00 euros) Venda anticipada: 6,00 euros (ata o día anterior á función ás 23.59 h)

 

Televenda:

Ticketea

Organiza:

IMCE

Contacto:

Tel.: 981 184 293

 

Ticket é o punto de partida dunha nova etapa de Clownic que, pola súa singular maneira de interpretar os espectáculos de Tricicle (Manicomic, Slastic, Exit, Tricicle20, Sit, Garrick e 100% Tricicle), conseguiu o recoñecemento e a admiración do público nacional e internacional.

Ticket é un novo espectáculo de teatro xestual creado colectivamente por Eduard Méndez, Xevi Casals, Gerard Domenech, Marc Montserrat e Tricicle, sen apartarse das súas orixes tanto artísticas como estéticas.

Ticket é unha viaxe pola historia do cinema de humor, un espectáculo de teatro de acción que toma como punto de partida as secuencias cómicas máis universais: Charles Chaplin, Marx Brothers, Keaton, Laurel & Hardy, Tati, Rowan Atkinson (Mr. Bean) e Monty Python, entre outros, para transformalas e trasladalas ao escenario reinterpretadas á maneira de Clownic. Unha sucesión de sketches trepidantes e delirantes que fusionan o cinema de humor e o teatro cómico cun só obxectivo: seguir facéndolle rir ao público cada 10 segundos!

COA COLABORACIÓN DE TRICICLE

Idea orixinal: Edu Mendez e Xevi Casals

Autores: Edu Mendez, Marc Montserrat, Xevi Casals e Gerard Domenech

Dirección: Marc Montserrat

Actores: Edu Mendez, Xevi Casals e Gerard Domenech

Piano: Clara Peya. Batería: Eloi López

Claqué: Guillermo Alonso

 

 

VENDA DE LOCALIDADES

Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho do Fórum Metropolitano: aberto só días de función desde unha hora antes (só se hai localidades dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h) ou Web

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión