Concello da Coruña

Concello da Coruña

Territorio da arte

Inaugurarase a exposición da artista Marta Pardo de Vera, no espazo de Víctor Rial anticuarios na Coruña

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 13/03/2015 ata o 03/05/2015

Xa rematou

Enderezo:

Graal antigüidades. Rúa Juan González Rodriguez 4. 15001 A Coruña

Marta Pardo de Vera nace na Coruña. Aos dez anos, e da man dos pintores Leonardo Abelenda e María Luisa Pedrero, comeza a súa formación en debuxo e pintura, que completa despois na Escola de Belas Artes e oficios Pablo Picasso da súa cidade natal, contando entre os seus profesores con pintores como José Luis Rodríguez e Mariano García Patiño ou o escultor Antonio López.

En 1967, e tras o seu paso polas Escolas de Artes e Oficios de Madrid, Valencia e Sevilla, emprende a súa carreira profesional cunha exposición no Museo Provincial de Lugo. A partir dese momento, empeza un longo período de formación autodidacta, que a leva a realizar diversas viaxes de estudo por Europa Occidental e Oriental, así como por Alxeria, Tunes e Marrocos. Na súa carreira profesional, ademais de en Lugo, Marta Pardo de Vera expuxo individualmente en varias ocasións en lugares como A Coruña, Vigo, Santiago de Compostela, Ferrol, Tarragona ou Madrid. Tamén participou en numerosas exposicións colectivas que levaron a súa obra por diversas cidades españolas e do estranxeiro (estivo no Salón des Nations de París e participou no II Congreso Nacional de Artistas Plásticos do Porto, entre outros). Ademais, a súa obra foi recoñecida no 2001 gañando o Primeiro Premio no Certame de Pintura Adeslas. Recentemente foi nomeada socio de honra da Asociación Pablo Picasso da Coruña.

Esta exposición conta coa colaboración da coordinadora de exposicións Cristina Carballedo.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión