Concello da Coruña

Concello da Coruña

Temporada 2012-2013 da Orquestra Sinfónica de Galicia

Temporada 2012-2013 da Orquestra Sinfónica de Galicia.

Cando:

Dende o 12/10/2012 ata o 05/05/2013

Xa rematou

Prezo:

Toda a información en

www.sinfonicadegalicia.com/

Documentos:

OSG_21.pdf (4 MB)

A tempada 2012/2013 aquí reflectida representa as liñas fundamentais sobre as que se sustenta o presente e futuro da Orquestra Sinfónica de Galicia: a ampliación do número de concertos dentro e fóra da cidade da Coruña; as colaboracións con institucións públicas e privadas; e a consolidación da súa canteira a través das súas agrupacións infantís e xuvenís coa excelencia artística como aceno de identidade da institución.
Debido á gran demanda existente para escoitar á Sinfónica, durante esta tempada amplíase elnúmero de concertos e créase o Abono Sábado, con dez concertos en total, froito da unión do Abono3 e o Abono Festiclass.
Así mesmo, poñerase especial énfase en atender ao público de toda Galicia. En colaboración co Auditorio de Galicia, a Sinfónica estrea un ciclo de cinco concertos en Santiago de Compostela, desde o mes de novembro ata o de febreiro. A estes concertos haberá que engadir outras xiras da Sinfónica ás cidades de Ferrol e Vigo.

Despois de moitos anos de ausencia, a música de cámara a cargo dos integrantes da Sinfónica volverá escoitarse ao longo da tempada no Teatro Rosalía de Castro, en colaboración coa Sociedade Filarmónica da Coruña, e ampliarase a outras cidades galegas xunto coas súas respectivas sociedades filarmónicas. Haberá ademais espazo para concertos extraordinarios fóra de abono no Palacio da Ópera. Todo iso, cunha programación ampla e variada, a cargo de artistas convidados de primeiro nivel nacional e internacional.
Esta tempada marcará o final do primeiro ciclo artístico da Sinfónica e a última tempada de
o seu director artístico e musical, Víctor Pablo Pérez, con quen nosa Sinfónica e a cidade da Coruña estará sempre en débeda. Durante esta etapa liderada polo mestre, a Sinfónica de Galicia conquistou as máis altas cotas artísticas e cultivado o aplauso unánime de crítica e público.
Grazas ao seu tesón, dedicación e visión de futuro, a Sinfónica converteuse nun referente artístico a nivel nacional, e afronta o futuro cuns alicerces profundamente arraigados na sociedade que lle rodea.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión