Concello da Coruña

Concello da Coruña

Té con madalenas

En NORMAL convidámoste a un té con madalenas. Nun camiño de ida e volta excepcional, TÉ CON MADALENAS descobre a intimidade do artista á vez que revela as evocacións, sensacións e recordos propios do visitante.

Cando:

Dende o 01/05/2013 ata o 16/09/2013

Xa rematou

Enderezo:

NORMAL

 Begoña Ante, Paula Cabaleiro, Carolina Cruz Guimarey, Christian García Belo, Lula Goce, Jorge Perianes, Laura Piñeiro e Neves Seara son o oito artistas que protagonizan a exposición work-in-progress TÉ CON MADALENAS. Un proxecto artístico que pretende mostrar o ser e o crear do oito persoas que o conforman e que desenvolverán, ao longo de tres meses e especificamente para NORMAL, oito proxectos polifacéticos (instalacións, talleres, workshops, performance, proxectos de colaboración cidadá) nos que nos falarán, desde unha nudez biográfica sen precedentes, deles mesmos e dos tempos, espazos e memorias que os constrúen.

Pero TÉ CON MADALENAS non fala de retratismo convencional. A esencia do que define a esta selección de artistas non se atopa en grandes óleos, nin en impoñentes medios. Para eles, o esencial escóndese invisible tras os obxectos aparentemente máis insignificantes (un botón, un pedazo de papel) ou intangibles (un recordo, unha mirada, a aura dunha persoa doutra época). O espectador descubrirá as súas esencias a través de moi diversos elementos do cotián: do que nos transmite unha escaleira de man, do que se oculta tras unha cadeira baleira, ou dunha peza desgastada.

Con todo, o máis importante deste recoñecemento íntimo é que será un camiño de ida e volta. Do mesmo xeito que ocorría no narrado por Marcel Proust, o noso TÉ CON MADALENAS quere ser responsable do espertar evocador dos sentidos e, por iso, e para facer visible aquilo que tampouco o é habitualmente no ámbito artístico, este proxecto work-in-progress é tamén unha invitación aberta a todos os visitantes e veciños de NORMAL, que esperamos participen e cren connosco a través das moi diversas actividades gratuítas que os artistas desenvolverán nos próximos meses.

Comisariado e coordinación: CLARA RODRÍGUEZ CORDEIRO

 

 

 

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión