Música para os máis pequenos, música para os corazóns máis grandes.
Público familiar (recomendado 2-5 anos)
Familias
27/11/2016
Xa rematou
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Té, chocolate, café é un libro disco feito polo grupo de música infantil Golfiños e editado por "Gestión cultural". Nel atoparedes historias e xogos que son interpretados en forma de cantigas no cd que acompaña este libro.
Catorce textos coas súas cantiguiñas, onde atoparemos un peixe moi mentireiro, unha bruxa que nos quere converter en moitos animais, a fermosa Rosiña á que lle encanta viaxar en cabalos de cores, tamén poderás xogar ás adiviñas e moitas sorpresas que atoparás en cada melodía ao longo deste traballo, para que os pequenos gocen acompañados das súas familias, dun son único en cada tema.
Golfiños son Elena Paz, Xosé Liz e Diego Paz
VENDA DE ENTRADAS
- Despacho central de billetes da praza de Ourense: de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h.
- Despacho de billetes do Fórum: Aberto só os días de función desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)
- Televenda: 902 044 226 (luns a venres de 9 a 22 h; sábados de 14 a 22 e domingos de 16 a 21 h )
Entidades
Actividades relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible