Concello da Coruña

Concello da Coruña

Tango, bailable e apiazollado

O percorrido pola obra dun dos compositores máis importantes do século XX. Unha música fascinante interpretada en directo pola forza instrumental do Quinteto Nuestro Tiempo e acompañada maxistralmente pola arte e a sensualidade dos bailaríns Leonardo Mosqueda e Carina Lucca.

Cando:

13/07/2013

Xa rematou

Horario:

20.30 horas.

Enderezo:

Teatro Colón

Prezo:

Información en www.teatrocolon.es

A música de Astor Piazzolla é unha das maiores expresións artísticas que a Arxentina deu ao mundo, incorporando ao tango elementos do jazz e da música clásica, Piazzolla alcanzou un resultado formidable e á vez innovador, sofisticando ese ritmo porteño e revolucionando os seus conceptos.

Quinteto Nuestro Tiempo: especializados na música de tango contemporáneo, principalmente na obra de Astor Piazzolla, ao que interpretan respectando os seus arranxos orixinais para quinteto, inician a súa andaina no ano 2008. Individualmente acompañaron a grandes figuras do xénero como Leopoldo Federico, Sexteto Mayor, Rubén Juarez ou Gotan Project, entre outros.

Matías González - bandoneón
Vera Pavlova – piano
Marcelo González – violín
Romain Lecuyer – contrabaixo
Guillermo Bazzola – guitarra eléctrica
Leonardo Mosqueda e Carina Lucca - danza

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión