Concello da Coruña

Concello da Coruña

Taller Pedro Feduchi

O arquitecto madrileño Pedro Feduchi (Madrid, 1959) é un dos nomes máis importantes no campo da arquitectura e o deseño de mobiliario no noso país.

A quen vai dirixido?:

Estudantes e profesionais de áreas afíns á arquitectura, deseño industrial, gráfico, web, de interiores, téxtil, paisaxismo, artesanía, artes plásticas e visuais, publicidade, comunicación audiovisual, etc.

Cando:

Dende o 12/11/2014 ata o 14/11/2014

Xa rematou

Horario:

- Mércores 12 de novembro.
16.00 - 19.00 · Taller con Pedro Feduchi.
19.30 · Conferencia de Luis Gil e Cristina coa intervención de Pedro Feduchi.


- Xoves 13 de novembro.
11.00 - 13.00 · Visita a CIDEA.
16.00 - 19.00 · Taller con Pedro Feduchi.
19.30 · Conferencia de Pedro Feduchi.


- Venres 14 de novembro.
11.00 - 13.00 · Visita ao castro.
16.00 - 19.00 · Taller con Pedro Feduchi.

Enderezo:

Fundación Luis Seoane. Rúa San Francisco 27. 15001 A Coruña

Prezo:

Gratuítos logo da previa inscrición

A selección de todos os talleres CIDEA farase a través do visionado de cv e/ou portafolio por parte dos organizadores e/ou o relator.
Para entrar no proceso de selección deberase enviar a cidea@coruna.es a seguinte documentación:
- Curriculum vitae actualizado e/ou portafolio.
- Solicitude do taller debidamente cuberta.

 


Documentos:

Solicitude Taller Pedro Feduchi castelán (138 KB)

Solicitude Taller Pedro Feduchi galego (126 KB)

No ano 1987 obtén a bolsa da Academia de Historia, Arqueoloxía e Belas Artes de Roma. Na actualidade, e dende o ano 1990, é profesor asociado na Escola de Arquitectura de Madrid (ETSAM) da materia de Proxectos e dende o 2010 de Deseño de Mobiliario no Máster de Proxectos Arquitectónicos Avanzados (MPAA), labor que compaxina coa incesante actividade profesional que leva a cabo dende o seu estudio onde desenvolve traballos de deseño e arquitectura que inclúen rehabilitación de inmobles, restauración de monumentos e deseño de espazos urbanos, entre outros.

Na actualidade, dirixe a Central de Deseño de Matadero Madrid. Para Pedro Feduchi, a arquitectura e o deseño son dúas disciplinas estreitamente relacionadas que, partindo dun tronco común, manteñen ao mesmo tempo unha serie de características específicas que as diferencia, sobre todo no que respecta ao deseño de mobiliario, no que resulta determinante tanto o carácter obxectual dos mobles como a súa condición de ferramenta, de prolongación do noso corpo, elementos que se integran no noso universo cotián e que adquiren a condición de hábito ou de referente cultural.

Esta visión é a que levou a Pedro Feduchi a concibir proxectos como a mesa Tray, que consegue dialogar co espazo e que evoluciona segundo as necesidades dos usuarios, un deseño polo que recibiu o prestixioso IF Award do 2012 e que sería seleccionado polos comisarios da mostra Design España realizada no Museo de Artes Decorativas de Bordeaux para formar parte dela.

O traballo de Pedro Feduchi inclúe, ademais, o comisariado e a montaxe de exposicións, a través do que realizou de diferentes proxectos para importantes museos e institucións culturais, como a exposición Deseño de mobles no Madrid dos anos cincuenta e sesenta na Fundación Arquitectura do COAM, ou Helsinqui Madrid Fin Design na Central de Deseño de Matadero Madrid; a renovación da exposición permanente do Museo da Rioxa ou o deseño de montaxe da exposición Le Corbusier. Museo e Colección Heidi Weber no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía. Así mesmo, é autor de diferentes textos teóricos e ensaios en publicacións especializadas.

 

http://www.pedrofeduchi.es

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión