Concello da Coruña

Concello da Coruña

Taller de guión cinematográfico - Coruñafilm

Taller sen prazas dispoñibles, a organización poñerase en contacto cos alumnos seleccionados.

A quen vai dirixido?:

Dirixido a todos aquelas persoas interesadas no guión cinematográfico, tanto profesionais como amateurs. O taller consiste nunha clase práctica sobre os diferentes tempos do guión cinematográfico: dende a idea ata a estrutura e elementos esenciais do guión cinematográfico.

Cando:

05/10/2013 ás 23:00

Xa rematou

Horario:

de 16 a 20 horas.

Aula 9.

Duración:

4 horas

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora

Prezo:

Gratuíto, logo da inscrición previa (20 prazas).

Impartido por David Planell.

Para poder participar é preciso enviar a corunafilm@coruna.es a ficha de inscrición da actividade antes do 30 de setembro.

David Planell (Madrid, 1967). Cineasta de dilatada experiencia, dirixiu varias curtametraxes (entre eles Carisma, nomeada aos Goya no 2005; Ponys, Banal, premiadas en distintos festivais e Arriba y abajo, utilizada pola Fundación Mujeres na súa campaña en contra da violencia contra as mulleres) e unha longametraxe, La vergüenza, protagonizada por Alberto San Juan e Natalia Mateo e galardoada no Festival de cinema de Málaga. Foi o guionista de series televisivas como “Hospital central”, “El comisario”, “Lobos”, “La casa de los líos”, “A las once en casa”, “Mir”, etc. e de películas como Siete mesas de billar francés, Héctor, La guerrilla de la memoria ou Los hombres siempre mienten. É autor da obra de teatro Bazar, Premio Fogar Sur de teatro de humor. Tamén é docente na Escola de guión Pacífico.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión