Concello da Coruña

Concello da Coruña

Taller de animación: técnica e proceso de creación dunha película de animación- Coruñafilm

Impartido por Miguel A.S. Cogolludo.

A quen vai dirixido?:

Dirixido a todas aquelas persoas interesadas en coñecer cómo se fai unha película de animación, os detalles e as viravoltas do proceso creativo e as diferentes técnicas que se empregan.

Cando:

05/10/2013

Xa rematou

Horario:

De 16 a 20 horas.

Aula 6.

 

Duración:

4 horas

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora

Prezo:

Gratuíto, logo da inscrición previa (20 prazas).

Documentos:

Para inscribirse descargar o formulario (51 KB)

Para poder participar é preciso enviar a corunafilm@coruna.es a ficha de inscrición da actividade antes do 30 de setembro.

 

Miguel Ángel A.S. Cogolludo. La guerra de las galaxias marcou a súa infancia e máis adiante, grazas ao seu interese polos ordenadores, aprendeu a realizar gráficos en 3D e videoxogos. Tras realizar estudos de produción de vídeo, en 1996 rodou a súa primeira curta, que se estreou dous anos máis tarde co título de ODE: El día del juicio, e co que obtivo o premio “Almenara de Ouro” no Festival de Punta Umbría. Nese ano entrou a formar parte do equipo de Kandor Graphics, por entón a rama de animación da empresa Melkor Software. Alí comezou realizando traballos como a visualización de experimentos en gravidade cero que realizou Pedro Duque na súa viaxe á Estación Espacial Internacional e vídeos de difusión científica, como Viaje al interior del cráneo, etc. No 2005 realizou xunto ao seu equipo a produción de El lince perdido, dirixida por Manuel Sicilia e Raúl García, estreada no 2008 e gañadora dun Goya á mellor película de animación, ademais de estar nomeada aos Óscar. Seguidamente, traballaría na curtametraxe La dama y la muerte de Javier Recio, que levou o Goya á mellor curta de animación do 2009 e foi nomeada aos Óscar, ademais de conseguir máis de 30 premios. Actualmente prepara a postprodución da súa segunda curtametraxe, SW:THX, unha homenaxe a La guerra de las galaxias.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión