Concello da Coruña

Concello da Coruña

SYN Geometría: Javier Balda e Víctor Mejuto

Dous autores, un galego e outro navarro, presentan a súa obra conxuntamente

Cando:

Dende o 10/04/2014 ata o 25/05/2014

Xa rematou

Horario:

Todos os días de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 h.

Enderezo:

Sala Municipal de Exposicións Salvador de Madariaga

Organiza:

Concello da Coruña e Concello de Pamplona

Documentos:

Catálogo (2 MB)

Un encontro inesperado entre a obra de Víctor Mejuto e a de Javier Balda converteuse nun punto de acordo e de colaboración para unha exposición conxunta, un intercambio espacial e territorial.

O interese común sobre, entre outros, a orixe xeométrica das súas imaxes - en Mejuto explícito, en Balda suxerido - e a recorrencia de ambos, dentro da tradición do abstracto, á descomposición fragmentaria do cadro para a consecución doutra imaxe final, non é outra cousa que valerse do espazo e as súas propiedades e da cor como articulación de masas e vectores sobre fondos reticulares ou de tramas. Nas pinturas de ambos, as formas toman o sentido de símbolos gráficos, como estruturas, compoñendo imaxes contiguas ao deseño, ao ornamento sen sentido, á formulación urbana ou á proxección arquitectónica, pero simultaneamente implementan na imaxe un proceso que ambos comparten de manchas intuídas que se articulan a si mesmas e modulan o ensaio e o erro sobre a formalización idealista do espazo pictórico.

Unha das achegas comúns de Balda e Mejuto é a capacidade de transmitir a sensación de orde sen disimular unha indagación no seu contrario, é dicir, a especulación na desorde da imaxe, obrigando e suxeríndolle ao espectador a compartir e a percorrer as imperfeccións dese sistema: a estrutura -o evidente, o que ves- desvelando a formulación caótica do espazo.

Dende a apropiación e a deriva do contido simbólico do xeométrico, os dous artistas formulan na súa exposición conxunta “SYN.GEOMETRÍA”* un nomeamento irónico e distanciado do seu traballo exorcizando a influencia dese xerme racional e proxectivo, interrogándose ademais: Que conexións provoca a xeometría?, Que seremos sen xeometría?

A exposición conta cun catálogo co texto "Un regalo para la vista", escrito por Fernando Castro Flórez.

A mostra exhibirase en dúas sedes: na Coruña na Casa de Cultura Salvador de Madariaga, entre o 10 de abril e o 25 de maio; en Pamplona, na Sala do Polvorín da Cidadela de Pamplona, entre o 6 e o 29 de xuño, nunha colaboración entre ambos os concellos.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión