Concello da Coruña

Concello da Coruña

Spin Doctors

CANCELADO POR ENFERMIDADE. A devolución das entradas adquiridas realizarase a través do mesmo sistema de compra.

Cando:

13/09/2013 ás 23:00

Xa rematou

Horario:

21.30 h.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora

Prezo:

Venda anticipada: 15,00 € (carné xove, +65 anos ou desempregados: 13,00 €).

** O desconto só se aplicará na venda anticipada.

Día do concerto: 18,00 €.

Televenda:

Ataquilla.com

Organiza:

ZircoZine Music

Os Spin Doctors son un grupo de rock alternativo da cidade de Nova York, coñecidos polas súas cancións «Two Princes» e «Little Miss Can't Be Wrong», que alcanzaron os números 7 e 17 respectivamente nas carteleiras de Billboard de música pop.

O álbum que incluíu aquelas cancións foi «Pocket Full of Kryptonite», que chegou a ser o mellor disco da banda. O álbum tivo moi boas vendas grazas á aparición do grupo en Saturday Night Live en outubro de 1992, vendendo en última instancia cinco millóns de copias nos Estados Unidos e alcanzando o seu punto máximo no 3 nas carteleiras de «Top 200 albums» de Billboard. A banda tamén fixo unha aparición en Barrio Sésamo (Sesame Street), cantando unha versión modificada de «Canción de amor y ternura», acentuando aínda máis a importancia de 'compartir'.

Durante o tour de Here Comes The Bride, Chris Barron perdeu a súa voz debido a unha estraña parálise nas cordas vocais. O teclista Ivan Neville asumiu o deber de facer de vocalista por algún tempo, pero a banda cancelou o resto do tour, diminuíndo as vendas do álbum. A voz de Chris volveu a finais do 2000, cando comezou a participar coa súa propia banda «Chris Barron and the Give Daddy Five».


Os Spin Doctors permaneceron estancados ata o 2001, cando o peche do famoso club da cidade de Nova York, Wetlands trouxo consigo a reconciliación dos catro membros orixinais. A banda gravou un álbum, «Nice Talking To Me», lanzado o 13 de setembro de 2005. Ata agora, o álbum tivo moito éxito comercial.

 

Entradas:

Venda anticipada: 15,00 € / Venda no despacho de entradas: 18,00 € (carné xove, +65 anos ou desempregados: 13,00 €)

** O desconto só se aplicará na venda anticipada.

Venda de entradas:

- Despacho da praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 h e de 16.30 a 19.30 h (pagos en efectivo).

- Despacho do Ágora: mesmo día dende unha hora antes (pagos en efectivo).

- Televenda: 902 504 500 - www.servinova.com

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión