Concello da Coruña

Concello da Coruña

Shakespeare para ignorantes

"Shakespeare para ignorantes" é un valioso evento no que se combina o rigor da conferencia do profesor Cadaval coa intensidade e a graza da que sempre dotan os seus produtos os clásicos do humor MOFA&BEFA.

Cando:

23/04/2013

Xa rematou

Horario:

20.30 horas.

Enderezo:

Teatro Colón

Prezo:

Información en www.teatrocolon.es

Polo palco desfilarán algunhas das escenas menos coñecidas do famoso dramaturgo inglés. Escenas habitadas por play-boys, asasinos, empresarios, oportunistas, necios, príncipes, chulos, cornudos, vítimas, verdugos, déspotas e virxes. O público asistente poderá identificarse con estes personaxes, ou recoñecer neles algún dos seus seres queridos. Tamén poderán extraer valiosos recursos para resolver ou atenuar os problemas da súa vida íntima, laboral ou pública.

SHAKESPEARE PARA IGNORANTES é un dos espectáculos con maior éxito do teatro galego dos últimos anos con máis de 15.000 espectadores só en Galicia. Quico Cadaval obtivo un Premio Max ao mellor Autor Teatral en Galego e un Premio María Casares ao mellor Texto Orixinal e dous nomeamentos ao mellor actor protagonista (Víctor Mosqueira) e ao mellor actor secundario (Quico Cadaval).

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión