Concello da Coruña

Concello da Coruña

Sergio Dalma - Cadore 33

Ao longo dos case 25 anos que Sergio Dalma leva na música foi capaz de conducir a súa voz por sendeiros que souberon conectar cos sentimentos de toda España, nunha viaxe chea de cancións, sentimentos e moita emoción.

Cando:

02/08/2014

Xa rematou

Horario:

22.00 h.

Enderezo:

Praza de M.ª Pita . Praza Mª Pita s/n. 15001 A Coruña

Prezo:

Gratuíto.

Organiza:

IMCE

Para Cadore 33, o disco número 16 da súa carreira, tivo mais quilómetros que nunca para dar coas 11 composicións perfectas que lle darían forma.

Vía Dalma e Vía Dalma II ocuparon case catro anos da súa vida, gozando dun éxito que lle deu moito tempo para buscar, da mesma maneira que colocaron o listón moi alto. Á marxe do éxito, os centos de concertos e as máis de 500.000 copias vendidas nestes tempos só deses dous discos, Dalma conseguiu algo máis importante aínda: crear unhas versións que fixo súas de tal maneira que en varios países latinoamericanos houbo quen creu que eran temas propios. Así que, sen perder de vista o espello retrovisor buscou e buscou, ata que atopou os temas que necesitaba o seu propio filtro, a súa garganta, para darlles o seu selo inconfundible.

Todo o bo que lle pasou a Sergio Dalma nos últimos anos, un artista único no panorama musical español, xestouse en Cadore 33, a dirección do estudo de gravación en Milán que el estreou coa gravación de Vía Dalma e onde gravou os seus tres últimos discos, exactamente os tres en que viaxou da man do produtor italiano Claudio Guidetti. En Cadore 33, Sergio Dalma fabricou o disco perfecto, que reúne todo o que trae ás costas, todo o feito ata agora, co aprendido nestas viaxes recentes.

Ata ese momento que as cancións chegan ao público, Sergio Dalma non cansa de conducir. E sempre o fai para encher, porque a estrada segue aí diante. Agora é o momento de que miles de persoas sigan os seus pasos e descubran as paisaxes deste disco mentres conducen as súas propias vidas. Xustamente o que lle fai sentirse cheo a un Sergio Dalma que, con Cadore 33, confirma unha vez máis que non perde nunca o sentido da orientación para chegar ao destino que quere alcanzar.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión