A Fundación Luis Seoane abre con esta exposición un ciclo no que se intentará dar a coñecer ao público obras de Luis Seoane pertencentes a coleccionistas privados.
Dende o 10/07/2013 ata o 27/10/2013
Xa rematou
Entrada libre e gratuíta.
Luis Seoane nas coleccións privadas abordará inicialmente unha parte das obras de coleccións privadas galegas, para despois estender o seu campo de referencia a mostras posteriores.
Nesta primeira entrega reuníronse máis dun cento de obras pertencentes a vinte e dous coleccionistas diferentes.
Máis aló do obvio interese pola obra de Luis Seoane que se lles supón aos propietarios das pezas, existen tamén multitude de historias de amizade entre o coleccionista e o artista, así como afinidades culturais e ideolóxicas ou simplemente estéticas.
Nas dúas salas que ocupará durante os próximos meses, a exposición incluirá obra en practicamente case todos os formatos sobre os que Seoane traballou ao longo da súa vida. Óleos, gravados, álbums, debuxos, carteis, documentación diversa e mesmo exemplos do labor editorial desenvolvido polo artista servirán para dar mostra da valía dunha obra que, grazas neste caso á xenerosidade daqueles que a custodian e que se que se desprenden momentaneamente dela para a ocasión, resulta estar finalmente máis vixente ca nunca.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible