Concello da Coruña

Concello da Coruña

Semana do ADN

Unha proposta para asomarse á ciencia do ADN no Laboratorio aberto da Domus.

Cando:

Dende o 22/04/2013 ata o 28/04/2013

Xa rematou

Enderezo:

Domus

A Semana do ADN está co-organizada con educaBarrié, o espazo de encontro e intercambio de coñecemento dirixido á comunidade educativa da Fundación Barrié, entidade que tamén promove a exposición "Farmacoxenómica e medicina personalizada" inaugurada na Domus o pasado mes de xaneiro, e no marco da aposta da Fundación pola investigación, a innovación didáctica e o fomento de vocacións científicas entre o alumnado galego.

Programa:

 - Talleres de experimentación para familias: sábado 27 e domingo 28 de abril ás 17.00 horas. Unha actividade pensada para familias con nenos a partir de 7 anos.

- Talleres de experimentación para centros educativos: luns 22 e xoves 25 de abril ás 10.00 e 12.30 horas. Dirixido a escolares de 6º de Primaria. Para participar, o centro escolar debe realizar unha reserva previamente.

- Noite na Domus: venres 26 de abril, dende as 19.30 horas ata as 10.30 horas do sábado 27. Para nenos de 11 a 13 anos, que realizarán un taller de experimentos e outras actividades na Domus e durmirán no museo.


Para participar en calquera das actividades é necesario reservar praza chamando ao teléfono 981 189 840 ou enviar un correo electrónico a domus@casaciencias.org indicando os seguintes datos: nome e apelidos, teléfono de contacto e correo electrónico.

Entidades

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión