Concello da Coruña

Concello da Coruña

Selección fotográfica Javier Calvete García

Javier preséntanos a súa primeira proposta expositiva, que non os seus primeiros traballos fotográficos. Unha decidida aposta persoal como fotógrafo que aspira a evocarnos ao seu mundo de imaxes e recortes da vida.

Cando:

Dende o 02/06/2013 ata o 31/07/2013

Xa rematou

Horario:

De martes a sábado de 10.30 a 14 e de 17.30 a 20 h. Domingos e festivos de 10.30 a 14 h.

Horario espacial durante a semana da Feira Medieval na Cidade Vella (do 23 ao 28 de xullo): de martes a sábado, de 10.30 a 14 e de 18 a 21 h. Domingo de 10.30 a 14 h.

Enderezo:

Casa Museo María Pita

Prezo:

Entrada libre e gratuíta.

 Hai fotógrafos que prefiren chamarse amateur, vocábulo francés que nunha das súas acepcións, é o de amante. É dicir, non afeccionado á fotografía e si amante da fotografía. A fotografía é unha arte e como tal, é a expresión de liberdade do autor. Liberdade que Javier nos brinda nesta ópera prima, onde as súas fotografías aparecen como veladuras do seu mundo interior e a súa paixón pola luz, da bús­queda efectista e sentida de motivos con momentos de tensión por outros de soidade.

El descríbese como alguén que vaga, anda e pensa libremente sen unha finalidade nin un destino determinado. A técnica é o primeiro elo que hai que superar e o motivo, o instante, a forza da súa mensaxe. Escondi­do ás veces, outras discreto e impregnado dunha timidez sen andrómenas, dispara!.

Delátano as súas perspectivas e posicións de tiro, non querendo ser visto para ver mellor. Acompáñao o claro escuro e os contrastes, realzando sombras e fon­dos. A cor pasa polo seu tamiz persoal, explorando e experimentando esa busca infinita de harmonía e equilibrios cromáticos.

Esta selección que nos presenta pre­tende xogar aos opostos de maneira or­gánica. Convídanos a unha poética visual de conxunto, unha mensaxe de transformación, de cambio e continuum.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión