Concello da Coruña

Concello da Coruña

Sé infiel y no mires con quién

Comedia sobre a vida matrimonial.

Cando:

Dende o 19/07/2013 ata o 20/07/2013

Xa rematou

Horario:

Venres e sábado: 20.30 horas.

Enderezo:

Teatro Colón

Prezo:

Información en www.teatrocolon.es

Félix e Carlos son socios nunha editorial e amigos de toda a vida, Felix é un home sinxelo e traballador, Carlos é un caradura e vividor. Félix está namorado da súa encantadora muller, Diana, que é a mellor amiga de Lida, a ata agora resignada esposa de Carlos.

Félix e Diana viven no piso que esté encima da editorial e Diana decidiu hai tres semanas contratar a Óscar, un decorador moi “in” para modernizar o piso. Óscar conxeniou moi ben con Annia, a asistenta alemá, e moi mal con Félix.

Na tarde-noite que nos ocupa, Diana e Félix teñen que asistir a unha cea moi importante de negocios, aproveitando este compromiso Óscar fai plans con Annia, para pasar unha velada de paixón; Lidia quere emular ao seu marido Carlos e convence a Diana para que lle deixe ter na súa casa unha cita infiel con Jorge, o seu mozo amante, durante a súa ausencia. Carlos pola súa banda convence a Félix para ter, esa mesma noite e nese mesmo lugar, unha cita a cegas con Lorena, unha teleoperadora quedona.

A inesperada chegada de Adela, escritora supervendas e muller de estrita moralidade, altera os plans de cada personaxe que intenta que os demais non saiban as súas intencións infieis e vense inmersos nunha trama de falsas aparencias chea de enredos, equívocos e malentendidos, vividos a ritmo desenfreado.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión