Concello da Coruña

Concello da Coruña

S8 4ª Mostra de cinema periférico

O (S8) xa vai pola súa cuarta edición, consolidándose como unha cita única dentro do noso país, este ano a Mostra dedica unha edición especial á Arxentina.

Cando:

Dende o 04/06/2013 ata o 09/06/2013

Xa rematou

Diálogo entre as xeracións presentes e os que foron pioneiros da vangarda hai corenta anos que hoxe conflúen tamén na Mostra, punto de encontro e intercambio. A conexión marítima entre A Arxentina e Galicia é algo que sempre estivo presente polos fluxos migratorios ao longo da historia co que A Coruña parece sitio estratéxico para a realización desa forza creativa transatlántica.

Un dos acontecementos principais desta edición será contar coa presenza dun dos principais piares da vangarda arxentina: Claudio Caldini, quen ademais de exhibir unha parte significativa da súa obra, expandirá a súa práctica nun filme performance e un taller que se desenvolverá no MAC. A historia do cinema experimental arxentino poderase albiscar a través do programa Antoloxía fantasma, elaborado por Pablo Marín. O rastro destas vangardas pasadas e presentes deixarase ver na sección Super 8 Contemporáneo, a través de Territorios afíns, programa recompilado por Magdalena Arau que reúne a tres dos máis significativos mozos expoñentes do cinema experimental arxentino a día de hoxe: Pablo Mazzolo, Sergio Subero e Pablo Marín. Tamén Magdalena Arau nos trae o programa ARCA: Cinema doméstico e amateur, unha cativadora selección de películas de cinema amateur en Super 8 parte da colección do Arquivo Rexional de Cinema Amateur. E para finalizar este completo percorrido, dentro da sección Arquivos históricos contaremos co programa bosquexado por Fabio Manes e Fernando Martín Peña de Espazo Filmoteca: breve pero saborosa e rara mostra que nos deixa asomarnos a través da fenda da historia do cinema arxentino, cun programa de cinema mudo, outro da Época de Ouro e unha homenaxe ao recentemente falecido Leonardo Favio.

Máis información: http://www.s8cinema.com/portal/

Programa: 

Martes 04 xuño
20:30 h. [CGAI] Ben Rivers e Ben Russell: Lo desconocido
Programa 1: Antes de que el mundo fuera palabra

Mércores 05 xuño
18:00 h. [Fundación Novacaixagalicia – Sala (S8)] Sinais: Lois Patiño Programa 1
18:30 h. [CGAI] Ben Rivers e Ben Russell: Lo desconocido Programa 2: Cierren los ojos y vean
20:30 h. [Teatro Colón] Cine – Concerto Georges Méliès. Gala inaugural

Xoves 06 xuño
17:30 h. [Fundación Novacaixagalicia – Sala (S8)] Antoloxía Fantasma: cine experimental arxentino
18:30 h. [CGAI] Ben Rivers e Ben Russell: Lo desconocido Programa 4: Alma colectiva
19:30 h. [Fundación Novacaixagalicia – Auditorio] Ópera Prima: Jaime Chavarri. Sesión 1.
20:00 h. [Fundación Novacaixagalicia – Sala (S8)] Vangardas: Claudio Caldini (Arxentina). Programa 1.
20:30 h. [CGAI] Espazo Filmoteca (Arxentina). Programa 1: Cine mudo con banda sonora.
22:30 h. [Fundación Luis Seoane] Desbordamentos: Miguel Mariño “Fomos ficando sós” e Ben Russell “Expansión”.

Venres 07 xuño
17:30 h. [Fundación Novacaixagalicia – Sala (S8)] Super 8 Contemporáneo: Territorios afíns: Mazzolo, Subero e Marín (Arxentina).
18:30 h. [CGAI] Espazo Filmoteca (Arxentina). Programa 2: Idade de Ouro. Anos 50
19:30 h. [Fundación Novacaixagalicia – Auditorio] Ópera Prima: Jaime Chavarri. Sesión 2.
20:00 h. [Fundación Novacaixagalicia – Sala (S8)] Vangardas: Claudio Caldini (Argentina). Programa 2.
20:30 h. [CGAI] Sinais: Lois Patiño Programa 1(R)

Sábado 08 xuño
18:00 h. [Fundación Novacaixagalicia – Sala (S8)] Sinais: Lois Patiño Programa 2
18:30 h. [CGAI] Espazo Filmoteca (Arxentina). Programa 3: Homenaxe a Leonardo Favio.
20:00 h. [Fundación Novacaixagalicia – Sala (S8)] Programa ARCA: Cine doméstico e amateur (Arxentina).
22:30 h. [Fundación Luis Seoane] Desbordamentos: Claudio Caldini. Clausura Festival

Domingo 09 xuño
12:00 h. [Xardíns Méndez Núñez] Mini (S8): Taller Méliès para nenos.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión