Concello da Coruña

Concello da Coruña

Roberto Vilar. A cabeza non para

Os moitos fans d'Os Tonechos e LandRober están de parabéns. Roberto Vilar, por primeira vez, leva aos teatros o seu humor "fortemente" contrastado en televisión nestas dúas décadas no mundo do espectáculo.

Cando:

15/06/2013

Xa rematou

Horario:

21 horas.

Enderezo:

Teatro Colón

Prezo:

Información en www.teatrocolon.es

Un novo show que percorrerá toda Galicia levando as risas aos teatros deste país. Un espectáculo de 90 minutos baseado en sketchs interpretados polos seus personaxes máis coñecidos onde non faltará o popular "Felipe II" de Histeria de hospital. Contará tamén coa colaboración especial de "Manolito o Pescador", relanzado á fama co seu personaxe de "Fisherman" no exitoso LandRober.
Un espéctaculo único, onde todo pode pasar, e onde se intentará crear unha maxia e comunicación especial entre os actores (ata cinco en escena) e o público.


A CABEZA NON PARA pretende ser un show de gran formato, con cambios continuos de situación, e un ritmo e dinamismo nunca antes visto nun teatro galego.


Roberto Vilar realiza esta xira para agradecerlle ao público o agarimo durante os seus vinte anos de carreira. Máis de hora e media de humor, show, comedia, espectáculo, risas, sketchs, emoción ... iso é A CABEZA NON PARA.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión