Concello da Coruña

Concello da Coruña

Rien a declarer

Dany Boon escribe, dirixe e protagoniza esta película que retoma a senda dos tópicos nacionalistas para falarnos da rivalidade entre franceses e belgas.

Cando:

Os días 30/05/2013, 31/05/2013, 01/06/2013, 02/06/2013 ás 23:00

Xa rematou

Horario:

- xoves 30 de maio: 20.15 h

- venres 31 de maio: 20.15 h e 22.45 h

- sábado 1 de xuño: 17.15 h e 20.15 h.

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano

Prezo:

3 euros (carné xove, +65 anos ou desempregados: 2 euros).

SESIÓNS DO ESPECTADOR: venres 22.45 e sábado 17.15 h (prezo único: 1.50 euros)

Documentos:

Programación Sala Marilyn Monroe xuño (7 MB)

Dous axentes de aduanas -un belga e un francés- descobren que o seu posto na fronteira, situado nas aldeíñas de Courquain, Francia e Koorkin, Bélxica, está a piques de desaparecer. Ruben Vandervoorde é o axente de aduanas belga e a francofobia é unha tradición familiar. Pero agora verase obrigado a inaugurar a primeira brigada móbil mixta franco-belga. O seu equivalente francés será Mathias Ducatel, inimigo de toda a vida de Ruben e que está secretamente namorado da súa irmá. Para sorpresa de todo o mundo, Mathias acepta ser o compañeiro de Vandevoorde. Xuntos peitearán as estradas rurais fronteirizas a bordo dun vehículo especial das aduanas internacionais: un Renault 4L a piques de estirar a pata.

Sala Marilyn Monroe: comedia europea.

 

Director: Dany Boon

Intérpretes: Benoît Poelvoorde

Francia, 2011 - 1 h 51 min

(V.O.S. en castelán)

NON RECOMENDADA MENORES DE 7 ANOS

Formato: 35 mm.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión