Concello da Coruña

Concello da Coruña

Rapaces - Coruñafilm

2 talleres para achegar o mundo da curtametraxe a nenos e adolescentes.

Cando:

05/10/2013

Xa rematou

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora

Prezo:

Gratuíto, logo da inscrición previa.

As curtametraxes resultantes de ambos os talleres serán proxectadas no Centro Ágora o venres 11 de outubro en horario de 19 a 20 h na Aula 9 do Ágora.

A través desta actividade, Coruñafilm promoverá a paixón pola sétima arte entre os máis novos. Tendo en conta que a mellor forma de aprender é divertirse e descubrir participando, os participantes repartiranse en dous grupos (un para nenos de 6 a 11 anos e outro para mozos e adolescentes de 12 a 17 anos) e producirán unha peza audiovisual.

Para poder participar é preciso enviar debidamente cuberta a autorización a corunafilm@coruna.es antes do 30 de setembro.

 

 

6-11 anos – Facemos unha peli de plastilina!

Creación dunha curta de animación con plastilina seguindo a técnica cinematográfica stop-motion.

 

Día: sábado 5 de outubro.

Hora: de 10.30 a 13.30 h.

Lugar: Aula 7.

Prezo: gratuíto.

 

 

12-17 anos – Vídeocreación: Rodamos unha curta!

Percorrido por parte do proceso de creación dunha curtametraxe: dende a idea, pasando polo guión e a produción, ata a gravación.

 

Día: sábado 5 de outubro.

Hora: de 16.30 a 20.30 h.

Lugar: Aula 7.

Prezo: gratuíto.

 

Profesorado:

Adriana Pérez Villanueva (1987). Licenciada en Comunicación Audiovisual, estuda un ano de animación na Escola de Cinema de Madrid. Realiza prácticas na televisión local de Chantada, Televinte, e no festival de animación Animacam, organizado por Limaia. Dirixe varias curtametraxes como Marrón Escura, Ramón e Xulia, O partido, e a "cortinilla" gañadora en Animadrid 2011. O seu último traballo é unha longametraxe documental, Con etiqueta. Actualmente traballa en Illa Bufarda, produtora creativa audiovisual.

Sabela Iglesias. Mesía, 1987. Fotógrafa, comunicadora audiovisual e socia-traballadora do proxecto creativo Illa Bufarda; produtora de audiovisual, animación, fotografía, e formación nesas áreas. Licenciada en Comunicación Audiovisual, continuou os seus estudos de posgrao na Escola Elisava de Deseño cun Máster en Fotografía e Deseño Audiovisual. Ten experiencia como fotoperiodista nun xornal galego e traballou na xestión e na comunicación do Clúster Libro de Galicia, así como nun proxecto de creación audiovisual para unha compañía de turismo irlandesa. Por iniciativa propia realizou varias exposicións fotográficas a nivel estatal, tanto individuais como colectivas.

Alba Blanco. Marín, 1987. Licenciada en Comunicación Audiovisual, entra a formar parte do equipo da Caixiña dos Mistos, un orixinal proxecto de cinema ambulante infantil e xuvenil a bordo dunha caravana, ideado e producido por Mr Misto Films. Máster en Comunicación e Industrias Creativas, compatibiliza os seus estudos coa xestión de proxectos culturais na mesma produtora, coordinando o departamento de distribución, o festival OfestivalON de Ribadeo, e desenvolvendo tarefas de produción de eventos culturais e formación para escolares. Na actualidade, cursa o Grao de Mestra en Educación Primaria, desenvolvendo ao mesmo tempo labores como formadora audiovisual de nenos de forma autónoma.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión