Concello da Coruña

Concello da Coruña

Radio Cos

Xurxo Fernandes e Quique Peón forman o grupo xunto cunha banda de 3 prestixiosos músicos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

26/09/2015 ás 23:59

Xa rematou

Horario:

21.00 h

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

12'00 euros (carné novo, + 65 anos, desempregados, -20%)

Televenda:

Ataquilla.com

Radio Cos, uns pandeireteiros de fama que fixeron evolucionar a nosa música naturalmente.

Xurxo Fernandes e Quique Peón, cantantes e percusionistas do grupo, son dous referentes no campo da investigación etnográfica en Galicia. As melodías utilizadas neste proxecto pertencen aos seus arquivos de gravacións de campo, traballo que levan facendo por todo o país desde hai máis de 3 décadas.

Son xa 10 anos que Radio Cos leva percorrendo escenarios en Bélxica, Inglaterra, Escocia, Bretaña e Galicia, transmitindo o seu modo de entender a nosa música tradicional.

Agora preséntannos o seu primeiro disco, música de raíz que mestura a sonoridade máis arcaica con elementos tirados da propia tradición e melodías alleas que gardan relación co país.

A banda fórmana: Pedro Lamas na gaita e saxo soprano, Nikolay Velikov no violín, Xan Pampín no acordeón.

Este traballo, concibido con forza e alegría, quere mostrar a invisibilidade que sofren as culturas minoritarias a pesar de estar aí, de rodearnos, de ser verdades manifestamente palpables.

Radio Cos celebra con este concerto o seu X Aniversario, por iso é tan especial, o grupo estará acompañados polos bailadores Pablo Rivas e Carmen Amigo, o grupo "Os Fillos de Pepa a Loba", as famosas pandeireteiras Belén Mato, María Criado e Sonia Rebodido e os pandeireteiros de Xacarandaina   con Manolo F. Montero.

VENDA DE ENTRADAS

Despacho de billetes Central, Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho de billetes Teatro Rosalía: só días de función, de 12 a 14 e de 18 a 20 h.

Sede Afundación: de luns a sábado, incluídos festivos de 9 a 21 h.

Televenta: 902 504 500

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión