Concello da Coruña

Concello da Coruña

Quadratura

O título da exposición alude ao recurso pictórico renacentista de crear efectos tridimensionais sobre superficies pintadas planas.

Cando:

Dende o 13/12/2012 ata o 12/05/2013

Xa rematou

Enderezo:

Avda. de Arteijo 171, Bj. 15007 A Coruña

As instalacións de Quadratura igualmente intentan dar unha dimensión tridimensional á imaxe, pero neste caso á imaxe tecnolóxica. Celuloide de 35 mm, banda magnética de VHS ou pantallas de televisións analóxicas, por exemplo, son medios asociados á historia do cine que o artista utiliza para reinventar a imaxe como escultura.
Encadrando proxeccións de vídeo sobre diversos medios tecnolóxicos –moitos deles obsoletos ou en vías de extinción– estes parecen maxicamente moverse e cobrar vida. Explórase desta forma as propiedades fantasmagóricas do cine e a imaxe, cuxos escintileos e parpadeos imitan o pulso da vida a pesar de ser inertes. O artista pretende liberar as memorias persoais e colectivas que hai encerradas nestas tecnoloxías que nos acompañaron nun pasado non tan remoto. A acelerada obsolescencia tecnolóxica condena estas memorias ao esquecemento, a pesar de que sen elas deixamos de ser quen somos.

 

Daniel Canogar, novembro 2012

Daniel Canogar, Madrid, 1964. Recibiu un máster con especialización en fotografía da New York University e o International Center for Photography en 1990. Como artista visual traballa con fotografía, vídeo, escultura e instalación.
Entre os seus últimos proxectos destacan a proxección de Asalto New York sobre a fachada dunha fábrica abandonada en Brooklyn; a exposición individual “Latidos” no Espazo Fundación Telefónica de Bos Aires, a exposición Vórtices realizada para a Fundación Canal de Isabel II de Madrid e a instalación Synaptic Passage para a exposición "Brain: The Inside Story" no American Museum of Natural History de Nova York.
Así mesmo, expuxo dúas instalacións no "Sundance Filme Festival 2011" en Park City, Utah. Realizou diversos traballos en espazos públicos, entre eles Waves, unha instalación escultórica permanente creada con aceiro e LEDs, encargo do 2 Houston Center, en Texas; Travesías, unha pantalla flexible de LEDs realizada para o atrio do Consello da Unión Europea en Bruxelas con motivo da presidencia española da Unión Europea no 2010 realizada para o atrio do Consello da Unión Europea en Bruxelas con motivo da presidencia española da Unión Europea no 2010.
Constelacións, o mosaico fotográfico máis grande de Europa creado para dúas pontes peonís que cruzan o Río Manzanares no Parque MRio en Madrid; Nodi, dous murais fotográficos na estación de tren de Arensa en Nápoles; Clandestinos, vídeo proxección sobre monumentos emblemáticos, presentado sobre os Arcos de Lapa de Rio de Janeiro, a Porta de Alcalá de Madrid e a igrexa de San Pietro in Montorio en Roma.
Os seus traballos expuxéronse no Museo de Arte Contemporánea Raíña Sofía, Madrid; o Palacio de Velázquez, Madrid; Galería Max Estrella, Madrid; bitforms Gallery, Nova York; Galería Filomena Soares, Lisboa; Galerie Guy Bärtschi, Xenebra; Mimmo Scognamiglio Artecontemporanea, Milano; Centro de Arte Santa Mónica, Barcelona; Museo Alejandro Otero, Caracas; Wexner Center for the Arts, Ohio; Offenes Kulturhaus Center for Contemporary Art, Linz, Austria; Museo Kunstsammlung Nordrhein Westfallen, Dusseldorf; Museo Hamburger Banhof, Berlín; Borusan Contemporary Museum de Istambul; Museo de Historia Natural, Nova York; Museo Andy Warhol, Pittsburgh e Mattress Factory Museum, Pittsburgh.
Publicou "Cidades efémeras: exposicións universais, espectáculo e tecnoloxía", Julio Ollero Editor, Madrid, 1992 e "Ingrávidos", Fundación Telefónica, Madrid, 2003, e varios ensaios sobre a arquitectura da imaxe, a fotografía contemporánea e a arte dos novos medios.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión