Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programa de lecer 2013-14 (Fórum Metropolitano)

Fórum Metropolitano

Cando:

Dende o 09/09/2013 ata o 25/09/2013

Xa rematou

Enderezo:

Fórum Metropolitano

Documentos:

Programa de ocio outono 2013-2014 (405 KB)

INSCRICIÓN PREVIA: 

Os días 9, 10 e 11 de setembro na conserxería do Fórum Metropolitano de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h.

Cada solicitante poderá anotar ata catro talleres na ficha, téndose en conta na adxudicación que se respectará a orde fixada polo solicitante e esta non poderá ser modificada unha vez que se realice o sorteo.

Cada solicitante recibirá un número que servirá para o sorteo.

 

SORTEO PÚBLICO:

Venres 13 de setembro, ás 10.00 h na conserxería do Fórum Metropolitano.

 

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS:

As listas dos talleres adxudicados publicaranse o luns 16 de setembro a partir das 9.00 h, no Fórum Metropolitano e no servizo telefónico 010.

A partir do número extraído no sorteo asignaranse as prazas en cada taller, asignando ao meirande número de persoas, polo menos, un taller.

Adxudicaranse un máximo de dous talleres por persoa.

 

INSCRICIÓN:

Os días 16, 17, 18 e 19 de setembro na conserxería do Forum Metropolitano de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h.

Para formalizar a inscrición será necesario aboar en efectivo o importe do taller correspondente.

As prazas adxudicadas só poderán ser ocupadas polos agraciados no sorteo.

As prazas non aboadas durante estes días adxudicaranse ás persoas en lista de espera.

 

LISTA DE ESPERA E PRAZAS VACANTES:

As persoas en lista de espera terán preferencia en ocupar as prazas non aboadas no taller correspondente, sendo adxudicadas por orde de inscrición.

A partir do 20 de setembro poñerémonos en contacto vía telefónica só con aquelas persoas que estean en lista de espera para saber se continúan interesadas en inscribirse nos talleres solicitados. Terán ata o 24 de setembro para formalizar a inscrición.

A partir do 25 de setembro e despois deste proceso, o resto de prazas vacantes poderán ser ocupadas polo público en xeral.

 

COTA DE INSCRICIÓN: 30 € por taller (maiores de 65: 15 €).

 

INICIO DOS TALLERES:

A partir do 30 de setembro, no día e a hora que correspondan a cada taller.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión