Concello da Coruña

Concello da Coruña

Poetas Dinversos 2013 - 2º trimestre

A nova edición do ciclo de recitais poéticos dobres que comezou en outubro co curso académico rematará tamén con el, tras un último trimestre de versos recitados nas súas linguas orixinais. Poetas de Italia, os Balcáns e Brasil recitarán no Ágora da Coruña nos próximos meses, sempre ao lado dunha figura galega, en sesións gratuítas e abertas a todo o mundo, coa vontade de achegar a poesía á cidadanía coruñesa e galega.

Cando:

Dende o 22/04/2013 ata o 03/06/2013

Xa rematou

Horario:

20.30 h.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora

Prezo:

Entrada gratuíta.

Documentos:

Folleto 2º trimestre 2013 (463 KB)

Na procura da máxima calidade literaria, tanto como da maior diversidade a nivel de xénero, xeración, estilo e forma de concibir a poesía, o ciclo Poetas Di(n)versos ofrece unha mostra ampla e representativa da poesía contemporánea mundial á vez que se promove a escritura en galego. O ciclo constitúe a única programación estable de poesía de toda España que inclúe autores locais e internacionais.

O ciclo ten a súa seguinte cita o luns 22 de abril co italiano Claudio Pozzani e o poeta vigués Manuel Forcadela. Ambos os autores demostran que a vontade experimental e o emprego doutros recursos expresivos para enriquecer a poesía non son só patrimonio das últimas fornadas de creadores. Os dous introducirán elementos sonoros ou videográficos na súa actuación.

O ciclo continuará o 6 de maio cos autores Olalla Cociña (Viveiro, Lugo) e o macedonio Nikola Madzirov, un dos nomes imprescindibles da poesía europea dos próximos anos e que presenta o seu primeiro libro traducido ao castelán, publicado por Pre-Textos. A última sesión da temporada será o 3 de xuño, con creadores que tenden a man a outras linguaxes creativas. Branca Novoneyra apoia os seus versos na danza contemporánea e o brasileiro Márcio André, no son e na performance.

Todos os actos do último trimestre desta edición, que se desenvolverán o 22 de abril, o 6 de maio e o 3 de xuño ás 20.30 horas no Ágora, son gratuítos para todo o público interesado que, ademais, poderá solicitar a sinatura dos escritores invitados.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión