Concello da Coruña

Concello da Coruña

Poetas di(n)versos: Branca Novoneyra e Marcio André

Último recital do ciclo Poestas Di(n)versos.

Cando:

03/06/2013 ás 23:00

Xa rematou

Horario:

20.30 h.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora

Prezo:

Entrada libre ata completar aforamento.

Documentos:

FOLLETO (558 KB)

Despois de ofrecer recitais poéticos dalgunhas das máis prestixiosas voces da poesía galega e internacional en citas mensuais que se levan realizando no Centro Ágora dende o pasado outubro, o ciclo POETAS DI(N)VERSOS chega á súa fin este curso.

O peche á cuarta edición deste ciclo virá da man de dúas propostas vinculadas ao mundo do espectáculo, do son, do movemento e da escena. Será o vindeiro luns 3 de xuño, ás 20.30 h, e a cita reunirá, unha vez máis, unha voz en galego e outra internacional. En concreto, Branca Novoneyra unirase ao brasileiro Márcio-André ante un público, previsiblemente, tan nutrido como de costume.

Se o latinoamericano adoita apoiar a súa obra poética na música, nos efectos sonoros e na performance, a lucense, que dende hai anos reside en Compostela, baila os seus propios poemas.

A poesía transcende o texto nunha xornada aberta e gratuíta que poñerá broche de ouro ao ciclo dirixido pola poeta e dinamizadora cultural Yolanda Castaño.

Tanto Márcio-André como Branca Novoneyra naceron no ano 1978 e publicaron dous libros de poesía, pero ambos levan anos levando o seu traballo á escena e mesturándoo con outras linguaxes en países de Europa e América. Ela naceu en Lugo e el en Río de Janeiro e, mentres que el tamén se desempeña como artista sonoro e visual, ela dedícase á danza contemporánea como intérprete, coreógrafa, docente e investigadora. Creadores inquietos os dous, Márcio-André vén de dirixir o filme “Artaud en Compostela”, estreado hai menos dun mes en Santiago, mentres que Novoneyra coordina na mesma cidade, xunto á tamén poeta Olalla Cociña, o ciclo de lecturas poéticas “Picaversos”. Dúas voces que fan dialogar o verso con outros recursos expresivos para levalo aos escenarios en espectáculos integrais, multidisciplinares e de grande riqueza sensorial.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión